lunes, 6 de mayo de 2019

Serie de Economistas do Mes (marzo 2019): Jane Marcet
O pasado mes de marzo decidimos comezar na Facultade unha serie de Economistas do Mes. En colaboración coa Biblioteca do centro, elaboramos cada mes un póster e unha pequena exposición bibliográfica dedicado a mulleres e homes economistas que destacaron en diferentes épocas. En marzo, aproveitando que se celebraba o Día Internacional da Muller, dedicámosllo a unha das pioneiras da economía, Jane Marcet.


Conferencia Máster DEIN

O Máster DEIN organizou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela o pasado martes 30 de abril , unha conferencia sobre os programas de apoio á innovación en Galicia impartida por dous responsables da .


Celebración do Patrón do Centro 
Os actos de celebración do patrón da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, San Vicente Ferrer, tiveron lugar o 8 de abril nun acto presidido porla vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo.

Durante este acto entregouse o premio de pintura CreArte na Universidade a Alejandra Pardo coa obra "Incesante chegada" que pasa a formar parte dos fondos artísticos da nosa Facultade. Por outra banda, o director executivo de Bodegas Martín Codax e antigo alumno do centro, José Antonio Vázquez Gancedo recolleu o premio Fulget 2018 que lle foi entregado polo decano Xoán Ramón Doldán García. Este premio recoñece , entre outros aspectos, a colaboración desta empresa coa Facultade na formación do alumnado.

Tamén se outorgaron diferentes premios que recoñecen a excelencia académica do alumnado da Facultade. Premios extraordinarios de grao: Lucas Jacobo Luaces , Francisco López Bermúdez e Jorge Saldaña Moscoso; Premio extraordinario do Máster DEIN Leandro Javier Llorente; do Máster DIXECOFI, Rubén Pájaro García e do Máster en Turismo Urbano, Antonio Rodríguez García. O premio extraordinario de doutoramento foille entregado a María Ángeles Pereiro e o Premio María del Carmen Lorenzo Díaz a traballos sobre a xestión ou economía dos recursos naturais e o medio ambiente a Enid López López (TFM) e a Alba Martínez Mirás (TFG) que tamén recibiu polo seu traballo o premio á Calidade Lingüistica.

O profesor ad honorem do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización, Justino Bastida Calvo pronunciou a conferencia "Económicas e Empresariais/ADE: onte e hoxe" na que destacou a calidade e o importante número de directivos, técnicos das administracións públicas, políticos e profesionais que se levan formado na nosa Facultade.







domingo, 5 de mayo de 2019

Programa de Talento de Zara 


O  26 de abril tivo lugar  no salón de graos da Facultade  a última actividade da axenda Pensando no teu futuro? do mes de abril. Dous responsables do equipo de recursos humanos do grupo INDITEX , Carolina Pita e Daniel González, ex alumno do grao de ADE na Facultade , realizaron unha presentación do programa de talento de ZARA e posteriormente realizaron co alumnado participante unha dinámica co fin de coñecelo mellor.

Xornada de presentación dos Másteres da Facultade
A terceira actividade da Axenda: Pensando no teu futuro? tivo lugar o xoves 25 de abril. Durante esta xornada os coordinadores dos másteres que se impartirán na Facultade no próximo curso 2019/20 estiveron en horario de mañán e tarde resolvendo as cuestións plantexadas polo alumnado de cuarto curso que ten pensado ampliar a súa formación. 



sábado, 4 de mayo de 2019

Programa "Muévete aquí" de Abanca e conferencia sobre Mercados Financeiros

O 10 de abril tivo lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela a segunda actividade da axenda de abril PENSANDO NO TEU FUTURO? dirixida fundamentalmente o alumnado de 4º curso.
O equipo de capital humano de presentou o seu programa de captación de talento MUÉVETE AQUÍ e Enrique Castro Becerra ofreceu unha estupenda charla sobre Mercados Financeiros, mencionando ao longo da mesma conceptos, ratios e postulados cos que o noso alumnado traballa a diario.




Estas preparad@ para o teu primeiro día de traballo?

O 8 de abril tivo lugar a  primeira actividade da axenda de formación e empregabilidade: Pensando no teu futuro?.O alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela que vai realizar prácticas na convocatoria de primavera participou no taller formativo "Estás preparad@ para o teu primeiro día de traballo?" impartido por Natividad Mosquera Barros e Antia Blanco Espiñeira, dúas excelentes profesionais na xestión dos recursos humanos que lle ofreceron unha guía práctica para comezar a súa carreira profesional.



 


Exposición cata de ideas empresariais no sector da Economía Social

Entre o 1 e o 5 de abril tivo lugar una exposición na Facultade sobre ideas empresariais no sector da hashtageconomíasocial e o mércores 3 de abril de 12h a 14h. desenvolveuse unha xornada no salón de graos onde se falou destes temas.

miércoles, 3 de abril de 2019

Conferencia do máster DEIN: "Estratexia e innovación en Galicia: facendo inventario e ollando ó futuro"

O
 O catedrático de Organización de empresas da UVIGO Xosé Henrique Váquez, ofreceu o martes 2 de abril, unha conferencia sobre a estratexia e innovación empresarial en Galicia organizada polo máster DEIN



Os profesores Luis Otero e Pablo Durán presentaron o libro "Determinantes de la performance de los fondos de pensiones"

Os profesores da USC Luis Otero e Pablo Durán presentaron o martes 2 de abril no salón de graos da Facultade o libro "Determinantes de la performance de los fondos de pensiones" resultado dun traballo de investigación no que se analizan os 1.330 fondos de pensións individuais que actualmente se comercializan en España e que están dispoñibles a 31 de decembro de 2016 na base de datos Morningstar. O obxectivo do traballo é orientar a investidores individuais, xestores e asesores financeiros no seu proceso de decisión de investimento. 





miércoles, 27 de marzo de 2019


Xornada de Competencias Profesionais organizada polo Colexio de Economistas de A Coruña

Hoxe, mercores 27 de marzo na aula C da Facultade, o alumnado dos últimos cursos dos graos en ADE e Economía tivo a oportunidade de coñecer na Xornada de Competencias Profesionais organizada polo Colexio de Economistas de A Coruña, as diferentes carreiras profesionais que poden desenvolver ó rematar os estudos. Participaron na xornada presentada por Xoán Ramón Doldán García: Jorge Borrajo Dios, Alfonso Lopez Pena, Pedro Veiga Fernández e Miguel A. Vázquez Taín.