jueves, 24 de febrero de 2011

TALLER DE XESTIÓN DO COÑECEMENTO NAS EMPRESAS.


Tamén destaca a importancia das TIC´s na xestión do coñecemento como elemento clave (pero non único para a xestión), xa que algúns dos obxectivos das TIC´s son: xerar e facilitar a xeración de coñecemento, medir o coñecemento,...
Para que o coñecemento sexa transmitido dun individuo a un grupo, este debe ter unhas certas características: ser diverso, independencia dos membros, descentralizado, etc. Para xestionar o coñecemento compre:
1º. Detectar o coñecemento.
2º. Seleccionar aquel coñecemento que xera valor para a empresa.
3º. Organizar.
4º. Filtrar.
5º. Presentar.
6º. Usar.
Pero, ¿qué entendemos por coñecemento? O coñecemento consiste en compartir; é un conxunto de procesos e sistemas que permiten que o capital intelectual dunha organización aumente para xestionar as capacidades de resolución de problemas de xeito eficiente e xerar ventaxas competitivas sustentables. 
Resumo: Silvia Gerpe

No hay comentarios:

Publicar un comentario