A Liga Estudiantil Galega, xunto co Sindicato Labrego Galego,organiza as I Xornadas de Economía Agraria os próximos días 28 e 29 de febreiro, no Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais. No programa participan diversos profesores do Dep. de Economía Aplicada e membrs do SLG, en dúas completas xornadas co seguinte programa:
Martes, 28 Febreiro
11:30- “Inauguración das Xornadas”
12:00- “A soberanía alimentaria como garantía de futuro”
Lidia Senra, Membro da Executiva Nacional do SLG
16:30- “Que medio rural para a Galiza do século XXI ? Algunhas cuestións para
o debate” Edelmiro López Iglesias, Prof. Dr. do Dep. de Econ. Aplicada,
experto en economía agraria
18:00- “Ameazas actuais sobre a produción de alimentos na Galiza (PAC-
Terra-Auga)” Carme Freire, Sec. Xeral do SLG
Mércores, 29 Febreiro
10:30- “Os transxénicos: un negocio para quen?”
Xosé Ramón Cendán, Membro da Executiva Nacional do SLG
12:00- "É posíbel o emprendemento no rural galego?"
Con labregos da Comarca de Compostela e Gonzalo Rdríguez, Prof. Dr. do
Depart. de Econ. Aplicada da USC e experto en Desenvolvemento Local
16:00- “O rural galego en tempos de colapso enerxético”
Xoán Doldán, Prof. Do Depart. de Econ. Aplicada da USC e experto
en cuestións enerxéticas
18:00- “O cooperativismo en Galiza”
Manuel Jordán, Prof. do Dep. de Econ. Aplicada da USC e Coordinador
Científico do “Libro Branco do Cooperativismo en Galicia”
19:30- “Clausura das Xornadas”
Grandes xornadas. Unha felicitación aos organizadores polas mellores xornadas que se organizaron na nosa facultade en moitos anos.
ResponderEliminarO feito de que foron gratuitas e a calidade, calidade dos distintos poñentes é un punto que se debe destacar.