martes, 7 de febrero de 2012

Entrega do Premio de Pintura "CreArte na Universidade"

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais entregoulle este mércores á profesora da USC María del Carmen Torres Maroño o premio do Concurso de pintura ‘CreArte na Universidade’, convocado polo mesmo centro no marco da súa Quincena Cultural. O xurado recoñeceu ademais como finalista a obra de Xoán Xosé Turnes Santos.
 
No acto de entrega, que contou coa actuación musical da clarinetista e alumna do centro Raquel Fernández Fernández, o decano da Facultade de Xeografía e Historia e membro do xurado, Juan Manuel Monterroso Montero, fixo un percorrido polas obras dos fondos da facultade recentemente restauradas que están expostas na Aula Tomé. A estes fondos incorpórase agora a obra gañadora desta primeira edición do certame CreArte.
O xurado estivo composto pola decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Emilia Vázquez;  o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o profesor Juan Manuel Monterroso; o artista gráfico Xurxo Martiño; e a comisaria de exposicións  Cristina Carballedo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario