lunes, 11 de marzo de 2013

XORNADAS SOBRE CRISE E REESTRUTURACIÓN FINANCEIRA

A crise económica que estamos a vivir, foise despregando en diferentes direccións: financeira, económica e social, e as súas consecuencias, non uniformes nos diferentes países, marcan unha inflexión na recente historia da globalización. Cada vez resulta máis evidente a necesidade dunha arquitectura financiera eficiente, nunha perspectiva regulatoria diferente. Por iso considérase oportuno suscitar un debate de ideas ao redor do núcleo da crise, co obxecto de mellorar a comprensión, non só dos problemas financeiros, senón tamén dos institucionais.

Os próximos 14 e 15 de marzo celebranse naEscola Galega de Administración Pública (EGAP) unhas xornadas ás que todos os membros da comunidade universitaria están convidados, nas que participan os profesores da Facultade de CC. Económicas e Empresariais Luis Caramés Viéitez e María Cadaval Sampedro, do departamento de Economía Aplicada; e José Antonio Redondo López, e Luis Otero González, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade.

A asistencia ás xornadas é gratuita, previa inscrición. O programa e o boletin de inscripción podese descargar aqui. Os temas de debate e poñentes son os seguintes:
 

Xoves, 14 de marzo

  • O contexto adecuado: as políticas monetarias e orzamentarias
Luis Caramés Viéitez, catedrático de Economía Aplicada (USC)
María Cadaval Sampedro, profesora de Economía Aplicada (USC)

  • A protección dos investidores a través das accións colectivas
Laura Carballo Piñeiro, profesora de Dereito Internacional Privado (USC)

  • As crises financieras: prevención e desafíos futuros
José Antonio Redondo López, catedrático de Economía Financeira (USC)

Venres, 15 de marzo

  • Os principios de Basilea no medio prazo
Antonio Grandío Dopico, profesor de Mercados Financieros (UDC)

  • Determinantes do risco no sector bancario. Mecanismos de alerta temperá
Luis Otero González, director do Máster de Banca, Finanzas e Seguros (USC)

  • Mecanismos creados pola UE
Javier Rodríguez, asesor no Gabinete da Consellería de Facenda

  • A globalización financeira e as crises bancarias
Guillermo de la Dehesa, presidente do Centre for Economic Policy Research (CEPR) de Londres



No hay comentarios:

Publicar un comentario