As sesións da primeira xornada inclúen temática sobre avaliación das competencias dos universitarios/as e o novo protagonismo das crises económicas no ensino da historia económica, así como a presentación de manuais e recursos didácticos da Asociación Española de Historia Económica. No segundo día do encontro haberá sesións sobre a historia económica nos graos bilingües das universidades española, os desafíos e remedios da docencia do EEES, unha mesa de debate sobre as escolas de doutoramento e os novos doutorados, e as posibilidades e limitacións das aulas e cursos virtuais e as propostas de contidos. O programa rematará cunha mesa sobre o estado actual e os retos do ensino da historia económica.
Benvidos ao blog da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, no que iremos recollendo as novas que suceden na nosa facultade e as actividades que teñen lugar no centro ou teñen que ver cos membros da nosa comunidade.
miércoles, 25 de junio de 2014
Encontro de Didáctica da Historia Económica
A nosa Facultade acollerá o xoves 26 e o venres 27 de xuño o XI Encontro de Didáctica da Historia Económica, unha ocasión que reunirá a docentes e expertos/as de diversas universidades españolas para abordar as oportunidades e problemáticas da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior. A cita servirá para analizar diferentes propostas de interese sobre a docencia neste ámbito e para a presentación de novos recursos, experiencias metodolóxicas ou situacións de avaliación, entre outros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario