martes, 30 de septiembre de 2014

Xornada sobre Iniciativa Empresarial


O Xoves, 2 de outubro, ás 11:00 h, na aula B da Facultade tivemos ocasión de coñecer a inicitiava posta en marcha por un grupo de empresarios de Monforte e de fora desta localidade, para fomentar a iniciativa empresarial e axudar ao desenvolvemento económico da cidade e a súa contorna.

A Asociación Semente de Monforte naceu nos comezos do ano 2014, a raíz do premio da lotería de Reis que o 6 de Xaneiro deixou unha choiva de cartos na cidade. Varios agrazados contactaron co alcalde da localidade e outras personalidades relevantes da cidade e crearon esta Asociación para dalgún xeito facer revertir na sociedade una parte da sorte que recibiron.
Na xornada interviron o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz, e o empresario Angel Jove Gonzáles, do grupo empresarial Anjoca. Nela os poñentes presentaron o I CONCURSO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS “SEMENTE DE MONFORTE”, e invitaron a toda a comunidade universitaria a participar ata o 30 de outubro, data na que remata o prazo de presentación de ideas innovadoras. As bases do concurso poden consultarse aquí.

Severino Rodríguez, Alcalde de Monforte, e o empresario Angel Jove (ANJOCA)
 

jueves, 25 de septiembre de 2014

Presentación das características do Traballo Fin de Grao


 
     
 
Unha importante representación dos preto de 300 estudantes que está previsto que realicen o Traballo de Fin de Grao (TFG) de Economía e de ADE no curso 2014-2015 asistiron o mércores 24 de setembro á charla de presentación desta materia na aula B da Facultade. No acto participaron as coordinadoras da materia das titulacións de ADE e de Economía, Marisa del Río e Rosario Díaz e tamén os coordinadores dos dous graos, José M. Maside e Pilar Freire.
O TFG é unha materia máis dos Graos, pero con características que a diferencian do resto: baséase no traballo autónomo dos estudantes, ten carácter transversal, participan nela un elevado número de profesores/as, a temática é diferente para cada estudante e o proceso de avaliación tamén é diferente ao do resto de materias dos Títulos. Estas características implican que a materia teña certa complexidade. Coa finalidade de axudar a superar estas dificultades, na sesión explicáronse os contidos da guía docente, a normativa e os recursos de apoio dispoñibles para os estudantes.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Conferencia de José Medina

Especialmente dirigida a alumnos y alumnas de último curso, el próximo viernes, 19 de septiembre a las 12:00 h tendrá lugar en el Salón de Grados de la Facultad, la conferencia: "Dirige tu carrera: No dejes que otros decidan por ti". Tendremos el privilegio de contar con José Medina, Socio Director de una de las más importantes empresas de cazatalentos a nivel internacional.
Breve perfil del ponente aquí.

sábado, 13 de septiembre de 2014

CONFERENCIA SOBRE EL EEES

O mércores 17 de setembro ás 12.00h tivo lugar na aula B da nosa Facultade a charla titulada “O Espazo Europeo de Educación Superior dende a perspectiva do novo alumnado”. Laura Rego Agraso, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC foi a encargada da mesma. A conferencia forma parte das accións de mellora de calidade dos Títulos e estaba pensada sobre todo para os estudantes de primeiro curso das titulacións de Economía e de ADE.
A charla arrancou cunha breve descrición sobre a orixe do Espazo Europeo de Educación Superior, dos seus obxectivos e dos cambios que supuxo para as titulacións a as Universidades. Especialmente interesante foi a explicación sobre as competencias, os módulos formativos e as metodoloxías de ensino na educación superior, facendo fincapé no estudo autónomo por parte dos estudantes.

 

miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDA AO CURSO ACADÉMICO 2014-2015

Comezamos un novo curso académico recibindo aos alumnos e alumnas do primeiro curso que empezan os seus estudos na nosa facultade. Esta xuntanza de benvida tivo lugar o mércores 10 de setembro e nel os estudantes tiveron información xeral do funcionamento da facultade e os seus servizos, así como das asociación estudiantís con sede no centro.
Recordade que neste blog iremos informando das actividades que teñan lugar no centro e noticias relacionadas coa comunidade universitaria. Podedes activar o "Síguenos por Email", introducindo o voso enderezo electrónico na caixa habilitada ao fondo da pantalla de inicio do blog, e recibiredes una alerta cando haxa nova información.
Saúdos e bó comezo de curso!