martes, 6 de octubre de 2015

Xornada informativa alumnos de 4º Grado


A facultade ofreceu o pasado mes de setembro unha xornada informativa aos alumnos e alumnas de 4º de grado en Economía e ADE, enmarcada no Plan de Acción Titorial (PAT) baixo o que vanse organizar no centro actividades, unhas colectivas e outras máis personalizadas, dirixidas a orientar aos estudantes en diferentes aspectos da súa vida académica e do seu futuro profesional.
 
Concretamente para os estudantes de último ano do Grado os obxectivos que pretende o PAT son:
 
  • Ofrecer apoio académico aos estudantes para configurar o seu proxecto académico
  • Ofrecer accións complementarias á docencia para a mellora da preparación profesional.
  • Orientar aos estudantes sobre opcións de inserción laboral e formación continua.
Neste contexto, na xornada informouse sobre a materia TFG, a proposta de actividades complementarias á docencia ao longo do curso, conferencias na facultade e difusión de outras organizadas por entidades colaboradoras, como a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), el Club Financiero de Santiago, y el Colexio de Economistas de A Coruña. Asimismo se ofrece na aula virtual información sobre convocatorias de premios aos que poderías concorrer os estudantes, prácticas e ofertas de traballo, e outros temas de interese.
 
Por último, dentro das actividades que pretender complementar a formación académica, informouse do Mes do Emprego que se vai desenvolver en febrero. Un conxunto de actividades encamiñadas á mellora da preparación profesional do alumnado, como obradoiros de marca persoal, habilidades sociais e directivas, fórmulas de búsqueda de emprego, elaboración curriculums, posicionamento en internet, comunicación, entrevistas de traballo, etc. Nese mes tamén vaise celebrar unha xornada informativa sobre a oferta de cursos de postgrao e master da Facultade.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario