Tal é o principal obxectivo das accións previstas para o MES EMPRÉGATE, que celebraremos na Facultade no próximo mes de Marzo. Un programa completo de actividades que están dirixidas especialmente a alumnado de últimos ano de Grado e Master e persiguen un obxectivo común: a mellora das competencias profesionais dos estudantes de cara a favorecer a empregabilidade e fomentar o espírito emprendedor, non só coa finalidade de crear unha empresa, senón para o fortalecemento das competencias profesionais e as habilidades brandas fundamentais no desempeño profesional, sexa cal sexa o posto de traballo futuro.
As actividades previstas inclúen formación en habilidades sociais e directivas, laboratorio de adestramento persoal (simulador dun proceso de procura de emprego), obradoiros de emprendemento e de comunicación, mesas redondas con empresarios e titulados, visitas empresariais, xornadas para que coñezas distintos programas de prácticas en empresas e de mobilidade ao estranxeiro, ... ata sesións de cine e debate en torno a distintos casos reais de emprendemento.
Todas as actividades son gratuítas e o estudante poderá obter unha acreditación de todas nas que participe, engadindo así valor ao seu currículo.
Todas as actividades son gratuítas e o estudante poderá obter unha acreditación de todas nas que participe, engadindo así valor ao seu currículo.
Toda a información na web da Facultade, e na web propia.
Presentación aos medios no Xornal da USC (17/02/2016)
Presentación aos medios no Xornal da USC (17/02/2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario