lunes, 17 de octubre de 2016

Arranca EMPRÉGA-T


"Empréga-T: as 8 T´s do talento" é unha iniciativa que xorde da actual situación do mercado laboral, no que novas habilidades son requiridas aos futuros titulados e tituladas á hora de enfrontarse á procura de emprego.
 
Trátase dun programa formativo que ten como

obxectivo fundamental mellorar as habilidades do alumnado universitario para incorporarse ao mercado laboral con maiores probabilidades de éxito. Concretamente, as distintas actividades pretenden:
  • Xerar un cambio de actitude entre o alumnado da USC en relación á maneira de afrontar a inserción laboral.
  • Fomentar os valores da cultura emprendedora entre a comunidade universitaria.
  • Fortalecer a relación entre a Universidade e o tecido económico e, en particular, entre estudantes e empresas.
  • Reducir a media de tempo que os e as nosas estudantes permanecen en paro ao saír da Universidade.
  • Pór en valor a importancia das habilidades brandas na busca de emprego.
  • Acompañar ao alumnado na posta en práctica dos coñecemento adquiridos en materia de busca de emprego.

 
O programa consta de 8 sesións que tratan de facilitar o desenvolvemento de diversas habilidades brandas:
1. Conciéncia-T
CHARLA PRESENTACION. Situación actual do mercado laboral e as perspectivas de futuro.
Martes 11 de Outubro.
2. Comuníca-T
OBRADOIRO de Comunicación e presentacións en público.
Martes 25 de Outubro.
•10h a 14h Campus Norte Aula 13 en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Aula 9 en Fac. RRLL
3. Vénde-T
SEMINARIO. Como destacar sobre o resto de candidaturas.
Mércores 26 de Outubro.
•10h a 14h Campus Norte Salón de Graos en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Salón de Graos en Fac. RRLL
4. Coñéce-T
SEMINARIO. Autocoñecemento. A importancia de descubrir as túas fortalezas e puntos de mellora.
Xoves 27 de Outubro.
•10h a 14h Campus Norte Salón de Graos en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Salón de Graos en Fac. RRLL
5. Adéstra-T
Itinerario de adestramento individual para a procura de emprego.
Martes 8, Mércores 9 e Xoves 10 de Novembro.
•De 9h a 21h Campus Norte Hall de entrada en Fac. CCEE
Martes 15, Mércores 16 e xoves 17 de Novembro.
•De 9h a 21h Campus Vida Hall de entrada en Fac. RRLL
6. Lánza-T
OBRADOIRO. A importancia da creatividade na aposta polo emprendemento: A xeración de ideas e A elaboración dun proxecto empresarial: O plan de empresa.
Martes 22 de Novembro.
•10h a 14h Campus Norte Aula 13 en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Aula 9 en Fac. RRLL
Mércores 23 de Novembro.
•10h a 14h Campus Norte Aula 12 en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Aula 13 en Fac. RRLL
7. Especialíza-T
MESA REDONDA. Estudos de posgrao e o seu impacto no mercado laboral.
Xoves 24 de Novembro.
•10h a 12h Campus Norte Salón de Graos en Fac. CCEE
•16h a 18h Campus Vida Salón de Graos en Fac. RRLL
8. Relacióna-T
EVENTO FINAL “NETWORKING”.
Venres 25 de novembro.

O martes 11 de outubro arrancau o programa coa sesión de inauguración, na que interviron á Vicerreitora de Estudantes, Dolores Álvarez, o Secretario do Consello Social, Benigno Pérez, e a Decana da Facultade de Económicas. A continuación tivo lugar a primerira conferencia do programa, Conciéncia-T, sobre a situación actual do mercado laboral e as perspectivas de futuro, que ofreceu Carlos Martinez, Director Xerente da empresa IPASA-San Brandán, quen foi presentado por Miguel Vázquez Taín, decano do Colexio de Economistas.
 
Esta sesión repetiuse en sesión de tarde na Facultade de Relacións Laborais, coa presenza da Decana, Silvia Moscoso. Todas as sesións do programa terán lugar en dúas sedes, no Campus Norte na Facultade de CC.EE, e no Campus Vida na Fac. de RR.LL, para favorecer a participación de todo o alumnado da USC.

Outra novidade desta edición é que se conta co recoñecemento académico con 1 crédito ECTS para o alumnado de grao da USC que asista ao 80% das horas das actividades (é dicir, 24 horas das 30 horas ofertadas en total).
 
"Empréga-T: as 8 T's do talento" está liderado pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e as Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Relacións Laborais. Conta co apoio do Consello Social da USC e coa colaboración da Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación un ano máis ao responsabilizarse da cobertura audiovisual do proxecto.

Máis información e inscricións na we: www.empregate.usc.es
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario