O mércores, 30 de novembro, celebrase na Facultade o VI Foro sobre Pobreza e Exclusión social que, baixo o lema “Crecemento inclusivo, emprego digno e loita contra a pobreza”, organiza EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza, a federación que agrupa a 128 entidades que en Galicia traballan contra a pobreza e a exclusión social. En colaboración coa nosa facultade e co Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC, o Foro terá lugar no Salón de Grados, pola mañan, e pola tarde en diferentes aulas.
Neste VI Foro quérese afondar nos retos das diferentes políticas de emprego e inclusión social (formación, orientación, emprego con apoio, garantía xuvenil, etcétera) e ver como aumentar o impacto que teñen nas persoas en situación ou risco de pobreza ou exclusión e a imprescindible coordinación entre e dentro das administracións e co Terceiro Sector Social.
Como noutras edicións, comezaremos coas demandas xurdidas dos diferentes seminarios de participación. Logo teremos a presenza dun dos impulsores da revista Alternativas Económicas, un dialogo con xornalistas de economía galegos, empresas e ONG especializadas.
Pola tarde, e co enfoque de “ir ao grao” que caracteriza o Foro, e coa participación de expertos de organizacións, colexios e asociacións profesionais, ou da Xunta de Galicia, realizaranse catro dialogos simultáneos nos que é moi recomendable a participación de profesores e alumnado. Catro diálogos CM (Como melloramos…?) cuxas conclusións serán a base das demandas de EAPN Galicia en materia de emprego.
· CM as iniciativas de Garantía Xuvenil e Emprego Xuvenil?
· CM a relación entre Servizos sociais e Emprego? Ou é imposible?
· CM a integración das persoas desempregadas de longa duración no mercado laboral?
· CM a Formación para o emprego?
Neste enlace está toda a información sobre o Foro e o programa.
Xa está creado un evento en Facebook. A etiqueta que utilizaremos en redes sociais será #EmpregoPobreza.
Mais información sobre EAPN Galicia:
No hay comentarios:
Publicar un comentario