Philippe Alluard apadriñou á primeira
promoción de graduados en ADE, que remataron no curso 2012-2013. Así mesmo, TAG
Heuer en colaboración coa xoiería Jael de Santiago crearon os “Premios
TAG Heuer-Jael”, que se concederon aos estudantes desta promoción en tres
categorías: ao mellor expediente académico, ao estudante máis proactivo e ao
mellor compañeiro/a da promoción. Este último foi entregado no acto de
graduación o pasado mes de xuño, e correspondeulle (por goleada) a Diego Silva Piñeiro. Os dous primeiros foron entregados no transcurso do mencionado
acto de apertura, e corresponderon a: Mellor expediente: Helena Figueiras Vázquez; Estudante mais proactivo: Ruben Suárez Lareo. Cada un deles foron premiados cun reloxo da marca TAG Heuer, modelo Carrera, que cumple xa 50 anos.
Benvidos ao blog da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, no que iremos recollendo as novas que suceden na nosa facultade e as actividades que teñen lugar no centro ou teñen que ver cos membros da nosa comunidade.
miércoles, 25 de septiembre de 2013
CONFERENCIA DE APERTURA DO CURSO
No acto de apertura do curso académico 2013-2014 na nosa Facultade, que se celebrou o 2 de outubro na aula B, contamos este
ano con Philippe
Alluard, presidente de TAG Heuer Iberia, África e Mediterráneo, quen falou sobre “: ¿Por qué algunas
marcas perduran más de 150 años y otras desaparecen en 5 años?”.
DEBATE PARLAMENTARIO (CDC)

O CDC e a Facultade de CCEE queren invitar a todos os estudantes a presenciar este debate e coñecer máis de cerca o mundo do debate e a oratoria.
A cita é o vindeiro martes día 1 de
outubro as 17:00 h na aula A.
jueves, 12 de septiembre de 2013
BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO 2013-14
Guia do estudantado da Facultad
domingo, 30 de junio de 2013
I PROMOCION DE GRADUADOS/AS EN A.D.E. DA USC
NORABOA!
Esta é a I Promoción de Graduados en Administracion e Dirección de Empresas da Universidade de Santiago. Foron apadriñados por Philippe Alluard, Presidente de Iberia, África e Mediterráneo da marca de reloxos e cronógrafos de luxo Tag-Heuer, que estivo representado no acto de graduación, celebrado o pasado 8 de xuño, por Blanca Panzano, Directora de marketing da empresa.
Esta firma convocou para os graduados/as desta promoción os Premios Tag-Heuer 2013, nos que tamén colabora a xoiaría Jael de Santiago. Os premios teñen por obxecto recoñecer os valores académicos e personais demostrados ao longo da carreira entre os estudantes desta promoción, e inclúen tres modalidades. Un deles, ao MELLOR COMPAÑEIRO/A DA PROMOCION, foi concedido, por votación dos propios estudantes, a Diego Silva, e foi entregado no transcurso do acto de graduación. Na web da Facultade (pincha aqui) pódense descargar as bases que regulan as outras dúas modalidades, que serán falladas en setembro, concretamente.
A) Ao MELLOR EXPEDIENTE ACADÉMICO, que recoñece os resultados académicos obtidos ao longo de toda a carreira.
B) Ao ESTUDANTE MÁIS PROACTIVO, que recoñece a iniciativa dos estudantes na participación en actividades complementarias ás que marca o propio CV académico, así como a súa implicación en accións que complementan a súa formación integral.
Philippe Alluard, presidente de TAG Heuer Iberia, África y Mediterráneo.
miércoles, 29 de mayo de 2013
Xornadas sobre cooperativas
O vindero 5 de xuño terá lugar na Facultade unha nova xornadas do ciclo "Súbeos ao emprego. Unha oportunidade en tempos de crise. Emprende cooperativas", promovidas pola Dirección Xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia. Trátase dunha boa oportunidade para coñecer as vantaxes e particularidades do emprendemento
en cooperativas fronte a outras formas xurídicas, a través de relatorios e
experiencias de emprendemento cooperativo, así como un conxunto de recursos e
ferramentas actuais para promover a inserción laboral.
Tamén podes descargar o programa aquí.
Tamén podes descargar o programa aquí.
miércoles, 22 de mayo de 2013
PROGRAMA ARGOS: Creando Equipos Emprendedores
No contexto de crise que estamos vivindo, hoxe máis que nunca faise necesario impulsar e apoiar aos emprendedores, que son a base do tecido produtivo da sociedade. Todos os organismos con competencia na materia, desde os europeos ata os autonómicos, están adoptando medidas e actuacións encamiñadas ao fomento do emprendemento. Neste senso, a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), Uninova e as Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago e Administración e Dirección de Empresas de Lugo queren facer un especial esforzo para dinamizar á comunidade universitaria en todo o referente á creación de empresas.
Con este Programa preténdese identificar a potenciais emprendedores e axudalos a crear empresas en colaboración cun equipo multidisciplinar. Dotalos dos coñecementos dun modelo empresarial contrastado así como das ferramentas adecuadas para a súa formación empresarial e para desenvolver o seu proxecto.
Máis información aquí.
Con este Programa preténdese identificar a potenciais emprendedores e axudalos a crear empresas en colaboración cun equipo multidisciplinar. Dotalos dos coñecementos dun modelo empresarial contrastado así como das ferramentas adecuadas para a súa formación empresarial e para desenvolver o seu proxecto.
Máis información aquí.
martes, 30 de abril de 2013
Conferencia MASCOMEX

martes, 23 de abril de 2013
Actividades da semana na facultade
Temos unha semana plagada de actividades abertas a todos os estudantes. Tomade nota!
Participan: Álvaro Cela del Río (director de RR.HH. de CXG CORPORACIÓN CAIXAGALICIA), Wilfredo Meléndez Sancosmed (director de RR.HH. de Ges Consultores), Roberto Pereira (decano do Colexio de Economistas da Coruña)
- Mércores, 24 abril, ás 12:00 h no Salón de Graos.
Participan: Álvaro Cela del Río (director de RR.HH. de CXG CORPORACIÓN CAIXAGALICIA), Wilfredo Meléndez Sancosmed (director de RR.HH. de Ges Consultores), Roberto Pereira (decano do Colexio de Economistas da Coruña)
- Xoves, 24 abril, ás 18:30 h na aula 10.
Seminario sobre "Definicion de modelos de negocio a través do Canvas". Abordaranse os aspectos xerais desta metodoloxía desde un punto de vista teórico, deixando a aplicación práctica para un taller posterior. Esta sesión vai ser dirixida polo profesor Fernando Picón Garcia, do departamento de Organización de Empresas, que é promotor e consultor do Grupo OBZ (www.obz.es).
- Venres, 26 de abril, ás 12:00 horas na aula 4.
lunes, 22 de abril de 2013
CONFERENCIA MASTER DEIN
O mércores 24 de abril, ás 17:00 h na aula 6, teremos como profesor invitado a Ihering
Guedes Alcoforado, Profesor de Economía Aplicada da Universidade
Federal da Bahia (Brasil). Especializado en Política e Planeamento, o profesor Alcoforado actúa principalmente nas áreas de
política económica, ambiental e urbana, a partir dun cadro analítico neo
institucionalista configurado na análise económica do dereito, en especial da
economía do dereito de propiedade, economía dos contratos e economía da
responsabilidade civil.
A conferencia que impartirá, baixo o título A regulamentação ambiental na fronteira tecnológica: o caso da prospecção e exploração de petróleo de aguas profundas, está baseada no traballo publicado na Revista Economic Analysis of Law Review, e titulado O Instituto da Responsabilidade e a Exploração de Petróleo em Águas Profundas. Pódese acceder ao mesmo no seguinte enlace: http://portalrevistas.ucb.br/index.php/EALR/article/viewArticle/1%20EALR%20301
A conferencia está dirixida aos estudantes do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación pero tamén a todas as persoas interesadas, sen necesidade de confirmar asistencia.
A conferencia que impartirá, baixo o título A regulamentação ambiental na fronteira tecnológica: o caso da prospecção e exploração de petróleo de aguas profundas, está baseada no traballo publicado na Revista Economic Analysis of Law Review, e titulado O Instituto da Responsabilidade e a Exploração de Petróleo em Águas Profundas. Pódese acceder ao mesmo no seguinte enlace: http://portalrevistas.ucb.br/index.php/EALR/article/viewArticle/1%20EALR%20301
A conferencia está dirixida aos estudantes do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación pero tamén a todas as persoas interesadas, sen necesidade de confirmar asistencia.
miércoles, 17 de abril de 2013
Pedro Varela, mención de honra do Ministerio de Educación
Moitas felicidades Pedro!
domingo, 14 de abril de 2013
Actos do Patrón da Facultade
O pasado mércores tivo lugar
o acto conmemorativo do Patrón da facultade, San Vicente Ferrer,
festividade que se celebra o 5 de abril. A primeira intervención foi a de Jaime Barreiro
Gil (Chuspe) que fixo unha lembranza do profesor Ceferino Díaz Díaz, recentemente falecido. A
continuación, interviu o profesor Miguel Cancio, un dos que se xubilan no presente curso académico. De seguido, no acto se fixo entrega dos premios creados
pola Facultade: por una banda, o premio Fulget 2012
ao Hostal
dos
Reis Católicos, e
por outra banda, aos outorgados na II edición do concurso de pintura CreArte na Universidade 2013. O xurado, formado por Francisco Durán, Emilia Vázquez, Juan Monterroso, Cristina Carballedo e Xurxo Martiño, outorgaron o premio (único) a
Javier Sande Iglesias, pola súa obra
Paisaxe na néboa. Ao tempo outorgouse unha mención especial a
Yonatan Castro Cambre
polo seu Collage.
![]() |
Paixase na néboa. Premio CreArte 2013 |
![]() |
Collage. Mención especial |
Na categoría
de premios académicos, foron entregados diplomas aos seguintes estudantes:
- Premios extraordinarios de doutoramento 2009-2010: María Milagros Vivel Búa e José Lebrancón Nieto.
- Premios fin de máster 2011-2012: Fernando Corbelle Cacabelos (M. Desenvolvemento Rexional e Integración Económica); Raúl Clemente del Pozo (M. Dirección de Empresas); Flavia Sá Barreto Cruz (M. Dirección e Planificación do Turismo); Óscar Rico Pereiro (M. Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros); Daniel Gesto Suárez (M. Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas); e Susana Fernández López (M. Desenvolvemento Rexional e Innovación).
- Premios extraordinarios de licenciatura 2011-2012: Economía: Gemma Iglesias Breijo. D. Jorge Javier Lojo Santiago. ADE: Celestino Coello Espasandín e María Isabel Moscoso Ramos.
- Premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos 2011-2012: Na modalidade traballos académicos: 1º premio: deserto; 2º premio: Hugo Baltasar del Valle-Inclán Cruces co traballo Economía tabú. Na modalidade traballos fin de grao: Inés Freire Lista co traballo Os efectos das privatizacións.
O acto foi
pechado polo Vicerreitor de Estudantes e Cultura, Francisco Durán, que deu
paso a Bieito Barreira,
que interpretou, para rematar, unha fermosa peza musical á guitarra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)