jueves, 6 de diciembre de 2012

Convenio de prácticas coa Asociacion Executivas

Co obxectivo de intensificar o programa de prácticas en empresas no que poden participar o alumnado dos graos que se imparten no centro, a USC e a Asociación de Executivas de Galicia asinaron un convenio de colaboración que regula a oferta de prácticas nas empresas asociadas así como o achegamento de expertos/as á docencia teórico-práctica especializada que fora precisa. No acto protocolario, no que se asinou o convenio por parte do reitor, Juan Casares, e a presidenta da asociación, Montserrat Sánchez-Agustino, estiveron tamén presentes a Decana da Facultade, Emilia Vázquez, e o Vicedecano de Estudantes, Alejandro Ballesteros.
Esta colaboración é particularmente importante xa que trátase dunha asociación que reflicte a crecente presenza de mulleres en postos destacados do contorno empresarial, o que dá continuidade á propia realidade universitaria onde se rexistra unha presenza maioritaria de mulleres no colectivo do alumnado. Así, a asociación Executivas contribúe dun xeito especial a transmitir a mensaxe real de que a universidade asume a formación de homes e mulleres máis alá das aulas, xuntando aos contidos teóricos un mellor coñecemento do contorno no que desenvolverán o seu futuro profesional. (Noticia completa no Xornal electrónico da USC, 5/12/2012)

No hay comentarios:

Publicar un comentario