jueves, 20 de diciembre de 2012

Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero da USC

Hoxe entregáronse no Salón de Graos do Colexio de San Xerome os premios correspondentes a III edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación da USC, que convoca a Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade.

Tanto na modalidade de docencia como de investigación os primeiros premios recaeron en profesores e investigadores da nosa Facultade. Concretamente, na modalidade de docencia o primeiro premio foi para a proposta ‘Enfoques de xénero na materia Traballo Fin de Grado en Economía das áreas de Economía Aplicada e Historia Económica. Metodoloxía de traballo e resultados’, que promoveron Mª Pilar Freire Esparís e Nélida Lamelas Castellanos.

No que respecta á modalidade de investigación, o primeiro premio foi para a proposta ‘Feminización da Universidade. Carreira docente e usos do tempo. Dos patróns tradicionais á corresponsabilidade?’, de Mª Xosé Rodríguez Galdo, José Cordero Torrón, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, Mª Pilar Freire Esparís, Elisa Jato Seijas, Mª José Méndez Lois, Eduardo Pis Sánchez e Rosa Mª Regueiro Ferreira.

Noraboa a todos e todas por este recoñecemento a o traballo ben feito. (Noticia completa no Xornal da USC, 20/12/2012)

No hay comentarios:

Publicar un comentario