lunes, 29 de junio de 2015

Amplíase a oferta de Masters da Facultade


De cara ao próximo curso 2015-16 a Facultade presenta novidades na súa oferta de Masters oficiais e propios. En primeiro lugar, todos los masters que este curso se someteron a avaliación pola ACSUG foron cualificados positivamente, pois os informes finais de avaliación para a renovación da acreditación do Master Universitario en Dirección de Empresas, do  Master Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación e do Master en Economía, Organización Industrial e Mercados Financeiros, foron positivos, o que constata a calidade dos mesmos.
Ademáis destes tres masters, na Facultade se ofertarán o próximo curso o Master Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas, que se leva ofertando dende mais de dez anos, e o Master Universitario en Dirección e Xestión Contable e Financeira que neste curso afrontará a súa primeira edición e que ven a cubrir unha carencia de formación especializada nestas áreas amplamente demandada polos estudantes.
Por outra parte, na nosa Facultade se imparten diversos  títulos propios como o Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior, que leva máis de 25 anos impartíndose, e o Master en Banca, Finanzas e Seguros, presente dende 1996, ambos con moito éxito. Adicionalmente no curso 2015-16 comenzarase a impartir o Master en Marketing Dixital, o único 100% presencial en Galicia.
Toda a información detallada sobre esta oferta de posgrado atópase na web da USC e nas páginas propias dos Masters, que a continuación se recollen.
MASTERS OFICIAIS:






MASTERS PROPIOS:
·        Dirección y Gestión del Comercio Exterior: http://www.usc.es/cptf/Postgrado/CursosPostgrado/Datos2012/Cp34482012-2013g.htm. Web propia: http://www.usc.es/mascomex/

·        Marketing Dixital. Web propia: http://www.uscmarketingdigital.com/
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario