miércoles, 8 de julio de 2015

A Fundación Iberdrola concede un proxecto a investigadores de economía aplicada da USC

Os investigadores de Economía Aplicada da USC Pedro Varela Vázquez e Carmela Sánchez Carreira acaban de ser seleccionados pola Fundación Iberdrola España para desenvolver o seu proxecto de investigación ‘Impacto socioeconómico da enerxía eólica mariña en España’ no marco dunha nova convocatoria de axudas á investigación en enerxía e medio ambiente. O acto de entrega das axudas terá lugar o próximo 9 de xullo baixo a presidencia dos reis de España.
 
Os partícipes no proxecto pertencen ao grupo de investigación de referencia competitiva Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento da USC (ICEDE) dedicado á análise da innovación. Mais información no Xornal da USC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario