lunes, 28 de noviembre de 2011

XORNADAS SOBRE INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO

A RedICIS (Rede de Investigación en Ciencias Sociais) celebra unha nova xornada sobre Innovación e Emprendemento na Facultade. A cita será o 1 de decembro de 2011 ás 17:00 h, e terá o seguinte programa:
Mesa Redonda: “Emprendemento universitario. As Spin-off na sociedade actual: perspectivas actuais e futuras”.
Coordinación: D. José Díez de Castro. Secretario Xeral de Universidades e Innovación. Xunta de Galicia.
Casos de éxitos empresariais
Tatiana López del Rio. Nanogap sub-nm-powder.
“Spin-off da Universidade de Santiago de Compostela, a transferencia da investigación e o coñecemento á empresa”
Luz Castro Pena. Imaxin Software.
“Os equipos multidisciplinares, empresas formadas por enxeñeiros, licenciados en humanidades,  sectores TIC, a industria da cultura”
Fernando Souto. Naffta
“O éxito e a constante innovación no sector da roupa deportiva”
Eva López Barrio. Directora de Woman Emprende.
“Programa Uniemprende da USC”.

Seminarios do IGE na Facultade

Seguindo coa serie de seminarios que están a impartir os técnicos da escala de Estatísticos do Instituto Galego de Estatística no Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, o vindeiro luns, 28 de novembro, celebrarase unha nova sesión de 16:00 a 19:00 horas, na aula 12, co seguinte programa:
1. Contas económicas anuais e Marco Input-Output (1,5 horas). Poñente: Raúl Jácome Rodríguez
2. Contas económicas trimestrais (1,5 horas). Poñente: Esteban Andión Hermida

viernes, 18 de noviembre de 2011

CreArte na Universidade. I Concurso de Pintura

Na Facultade de CC.EE estamos a celebrar a Quincena Cultural, tendo presenza diversas manifestacións artísticas: cine, teatro, exposición, música, e pintura. neste último caso, xa está en marcha o I Concurso de Pintura "CreArte na Universidade". No certame, cuxo prazo de presentación remata o 25 de novembro, pode participar todos os membros da comunidade Universitaria da USC. As bases poden descargarse da web do centro. As obras seleccionadas expoñeranse temporalmente na Facultade nunha mostra que se inaugurará o mércores 14 de decembro ás 13.00 h, e permanecerá aberta ata o 10 de febreiro do vindeiro ano. De entre as seleccionadas, o xurado poderá outorgar un premio de 500 euros a unha das obras, que pasará a formar parte do patrimonio da Facultade e permanecerá durante un ano no ‘Espazo de Arte’ reservado no centro para este fin. (Noticia no Xornal)

Pelos na Lingua: ROTUNDO ÉXITO

O mércores 16 de novembro, no marco da Quincena Cultura da Facultade, a compañía Talía Teatro puxo en escena na aula A a obra "Pelos na Lingua", unha actividade organizada pola Comisión de Normalización Lingüística do centro en colaboración coa de Actividades Complementarias á Docencia. Trátase dunha comedia estruturada en sketches cheos de humor e retranca que ao mesmo tempo intentan convidar á reflexión sobre o uso da lingua galega. A asistencia foi masiva e todos puidemos disfrutar dunha posta en escea fantástica e pasar un rato de humor que tan ben nos ven a todos nestes tempos. Enhoraboa aos membros da compañía e a Comisión de Normalización Lingüistica pola iniciativa.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Quincena Cultural na Facultade

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais desenvolverá entre os días 7 e 18 de novembro a ‘Quincena Cultural’ con numerosas actividades entre as que se atopan teatro, concertos, un videoforum, a exposición ‘Con nome de muller’ ou o premio de pintura ‘Crearte na Universidade’.

jueves, 20 de octubre de 2011

Debate final del Curso de Oratoria celebrado en la Facultad

La Asociación de Estudiantes de Economía y Empresa (AEE) ha organizado un Curso de Oratoria impartido por Santiago Martínez, Presidente de la Sociedad de Debate de Competición de la USC, que se ha celebrado a lo largo de esta semana. Este curso se cerrará con un debate final entre los distintos equipos formados por los estudiantes que están realizando el curso y que se celebrará este lunes 24 de octubre,  en el local social del Colegio Mayor Rodríguez Cadarso a las 16:00 h. Dicho debate versará sobre la pertenencia de Grecia a la Unión Europea.

lunes, 17 de octubre de 2011

Seminarios do Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica

Dentro da serie de seminarios que o Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica está a organizar neste curso académico 2011-2012, o vindeiro venres, 21 de outubro teremos a sorte de contar coa presencia de Tamara Guirao Espiñeira, da Conferencia de Ciudades del Arco Atlántico, que impartirá o Seminario: Ciudades del Arco Atlantico: Cooperacion Territorial a escala local. O seminario celebrarase na aula 12 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ás 12:30 horas.

jueves, 13 de octubre de 2011

El MAB como alternativa de financiación para las pymes

O próximo luns, 17 de outubro, Eugenia Escudero Prado, Consejera de Novamab (Asesor rexistrado de Novacaixagalicia) vai impartir unha conferencia sobre a situación financeira das pymes, en particular, das galegas, e as posibilidades de obter financieamento a través do Mercado Alternativo Bursátil. A Dra Escudero expoñerá tamén o caso da empresa galega Lumar, que recentemente comenzou a cotizar neste mercado, creado para ofrecer unha vía de canalización de recursos hacia empresas en expansión. A cita é as 19:00 h na Aula B e a entrada é libre.

Seminario sobre Contabilidade nas Sociedades Cooperativas

O Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP) da USC vai celebrar este Seminario no Salón de Graos da Facultade os dias 15 e 16 de novembro. A inscrición é gratuita e poderá formalizarse a través de: cecoop@usc.es.
Máis información: www.usc.es/cecoop

martes, 11 de octubre de 2011

Premiado un proxecto docente de tres profesoras da Facultade de CCEE

As profesoras Eva Aguayo Lorenzo, Ana Iglesias Casal e Carmen López Andión, do departamento de  Economía Cuantitativa, obtiveron o primeiro premio na modalidade de Docencia dos Premios á Introducción da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación convocados pola USC, polo seu proxecto: “Introdución da perspectiva de xénero no ensino da econometría na USC”.

jueves, 6 de octubre de 2011

Seminario sobre o Sistema Estatístico Público de Galicia

No marco do convenio de colaboración que o Máster en Desenolvemento Rexional e Integración Económica ten co Instituto Galego de Estatística (IGE), vaise celebrar un seminario de tres d, na aula 12 en horario de 16 ás 19 h, un Seminario sobre o Sistema Estatístico Público de Galicia, impartido por diversos técnicos do IGE. O programa é o seguinte:
Primeira xornada: 10 de outubro
1. Enquisas aos fogares realizadas polo IGE (1,5 horas). Poñente: Mª Dolores Martínez Fernández
2. Enquisas ás empresas realizadas polo IGE e outras estatísticas relacionadas (1,5 horas).  Poñente: Jorge Antonio Santiso Blanco
Segunda xornada: 28 de novembro
1. Contas económicas anuais e Marco Input-Output (1,5 horas). Poñente: Raúl Jácome Rodríguez
2. Contas económicas trimestrais (1,5 horas). Poñente: Esteban Andión Hermida
Terceira xornada: 12 de decembro
1. Organización e planificación no sistema estatístico público de Galicia (1,5 horas).      Poñente: Rosa Elvira Fernández González
2. Difusión de información estatística sobre Galicia na web do IGE (1,5 horas). Poñente: Mª Pilar Romero Martínez
Máis información: Roberto Bande, Coordinador do Máster en DRIE