martes, 4 de diciembre de 2012

Información de charla-coloquio

TÍTULO DA CHARLA- COLOQUIO:ESTIMACIÓN POR MÁXIMA ENTROPÍA: UNHA OPORTUNIDADE PARA INVESTIGAR CON DATOS ESCASOS OU DEFICIENTES” 
PONENTE: Carlos Arias (Universidade de León)
ORGANIZA: Departamento de Economía Cuantitativa
DÍA E HORA: 14  de decembro de 2012 ás 16.30h
LUGAR: Sala de Xuntas da Facultade de CC. Económicas e Empresariais

martes, 20 de noviembre de 2012

SEMANA CULTURAL DA FACULTADE

Do 26 ao 30 de novembro celébrase na Facultade a Semana Cultural, promovida desde o Decanato e na que contaremos coa colaboración de diversas entidades e asociacións de estudantes nas distintas actividades programadas, que inclúen mesas redondas, cineforum, música, exposición de viñetas e concurso de videos. O programa detállase de seguido.
O luns 26, ás 12:00 h no Salón de Graos, presentaráse a programación da Semana e as bases da II Edición do concurso de pintura “CreArte na Universidade”, que potencia e difunde a creación artística de todos os membros da comunidade universitaria da USC. A continuación terá lugar unha mesa redonda sobre os “Modelos de edición de libros en galego”, organizada pola asociación de estudantes Liga Estudiantil Galega. Pola tarde, ás 17:00 h terá lugar o primero dos Cineforums organizados pola Cátedra Bancaja Novos Emprendedores e a Asociación Executivas de Galicia, baixo o título: “Perfís para un novo liderado”. Tralo visionado da película "LA DAMA DE HIERRO" (Phyllida Lloyd, 2011), relato biográfico sobre a historia de Margaret Thatcher, terá lugar o debate, no que intervirán Marta Costas Iglesias (Abogada e anterior vocal de Pontevedra da Asociación Executivas de Galicia) e Mª Xosé Rodríguez Galdo (Catedrática de Historia Económica da USC).
 
O martes 27, ás 11:00 h celebrarase o segundo Cineforum, baixo o título: Emprender en tempos de crise, coa proxección da película "EN UN MUNDO LIBRE" (Ken Loach, 2007) e o posterior debate no que intervirán: Sandra Amézaga Menéndez (Vocal de Pontevedra da Asociación Executivas) e Romina García Chas (Profesora do departamento de Organización de Empresas da USC). Pola tarde, a prtir das 16:30 h, na Aula B, os membros do Club de Debate Compostela farán unha exhibición para achegar aos estudantes ao DEBATE DE COMPETICIÓN; nesta ocasión o tema a debatir é: Deben ser financiados os medios de comunicación convencionais polo Estado?
 
O mércores 28 comenzarán as actividades ás 12:00 h no Salón de Graos, cunha mesa redonda sobre “MODELOS ALTERNATIVOS Á BANCA TRADICIONAL: POR UNHA ECONOMÍA MÁIS SOLIDARIA”.Nesta mesa participan representantes de diversos proxectos de banca ética presentes en Galicia e coñeceremos o qué é a banca islámica e o seu posicionamento no mundo financeiro. Os poñentes son: Tamara Lemos. Directora de la oficina de Triodos Bank en A Coruña; Raul  Asegurado. Responsable do proxecto Fiare GZ; Mar Pernas. Integrante do Consello de Sección de Galiza de COOP57; e Sami Ashour. Investigador do Dep. De Economía Financeira e Contabilidade. Ao término desta mesa redonda, un grupo de estudantes da Facultade fará unha intervención musical.

Pola tarde, ás 16:30 h terá lugar no mesmo lugar un obradoiro sobre "O aprendizaxe como ferramenta para o desenvolvemento da cultura: creando un novo paradigma. Mª Eugenia Fernández e Carmen Fernández, de Arquetipos Consultores, levarán esta sesión que parte dos contidos do impactante documental: “La educación prohibida”.
O xoves 29, membros do Club Emprede M.A.S. (Mocidade Activa e Sinerxias) presentarán no hall principal da facultade unha exposición de viñetas sobre a crise financeira, como preámbulo á gala de presentación dos videos finalistas do concurso “Tes 5 minutos...¡grávao e cóntanolo!", organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
 
O venres 30 clasurarase a Semana ás 12:00 h no Salón de Graos coa conferencia “Hoxe coa sombra espida do poeta”, de Paco Pestana, artista e poeta colaborador en prensa e revistas de arte, que ten realizado máis de cen exposicións entre colectivas y personales, destacando “Galicia no Tempo”. A súa charla será presentada por Cristina Carballedo, historiadora de arte y comisaria de exposiciones
Para máis información sobre estas actividades, podes acceder aos seguintes enlaces:

  • Díptico co resumen das actividades
  • Concurso de Pintura CreArte na Facultade de CCEE (presentación luns 26)
  • Película "La Dama de Hierro" (Cineforum luns 26)
  • Película "En un mundo libre" (Cineforum martes 27)
  • Club Debate Compostela, video TVG (Debate exhibición martes 27)
  • Finanzas éticas en Galicia (mesa redonda mércores 28)
  • Sitio web do documental "La Educación Prohibida" (videoforum mércores 28)
  • Concurso de videos "Tes 5 minutos..." (gala final xoves 29)
  • Paco Pestana (ponente conferencia venres 30)

  •  

    sábado, 10 de noviembre de 2012

    Comida de confraternidade

    O mércores 7 de novembro celebrouse unha comida de confraternidade na que participaron case que sesenta compañeiros da facultade, entre profesores e persoal de administración e servicios. Á comida, que tivo lugar no restaurante El Quijote, acudiron tamén varios profesores que por razón de xubilación ou outra, deixaron a vida académica no pasado curso. A reunión resultou moi agradable, especialmente no momento en que, trala entrega dun pequeno agasallo a estos profesores, moitos deles arracáronse de xeito espontáneo cun breve discurso de despedida. Boa sorte a todos nesta nova etapa da súas vidas.

    lunes, 5 de noviembre de 2012

    SEMINARIOS MASTER DRIE

    O luns , 5 de novembro, ás 17 horas, na aula 12, darán comenzo os seminarios organizados polo Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica, coa participación de:
    • Ewa Bojar (Polytechnic U. Lublin, Poland): "The triple helix of model of innovation. Experiences in the Lublin region".
    • Ludmila Voronina (Kuban State University, Russia): "Cluster experiences in the Krasnodar area".

    CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

    Unha vez máis, o Centro de transfusión de Galicia levará a cabo unha campaña de doazón de sangue na nosa Facultade os vindeiros días 12 e 13 de novembro (luns e martes), en horario de mañá e de tarde (das 9:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas) na entrada principal. Os días previos terán lugar diversas charlas informativas co obxectivo de conseguir a maior participación posible.
    Artigo relacionado

    jueves, 1 de noviembre de 2012

    1º concurso de vídeos: Tes 5 minutos...¡grávao e cóntanolo!

    A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade organiza o 1º concurso de videos (de 5 minutos como máximo), de temática económico-empresarial en galego: ¿que receitas contra a crise propós? ¿quen vén sendo a prima de Risco? ¿ten aínda máis parentes?... O seu contido pode expresarse con animación, discurso, entrevistas, plastilina, teatralización, cancións, imaxes comentadas, etc. Os traballos presentados optarán a dous premios do xurado, de 400 e 150 euros, e a un premio do público (150 euros), que serán entregados nunha gala que terálugar o 29 de novembro.
    Bases do concurso
    Video promocional

    lunes, 15 de octubre de 2012

    Presentación do Programa de Xeración de Proxectos Empresariais

    O próximo mércores, 17 de outubro presentarase na Sala de Xuntas, ás 12:00 h, o Programa de Xeración de Proxectos Empresariais, organizado polos Puntos de Atención Emprendedora (PAE) da USC, en colaboración coa Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
    Este programa é unha oportunidade para todos aqueles que teñan unha idea de negocio e queiran analizala máis a fondo, para os que queiran contribuír a desenvolver as doutras persoas ou, simplemente, para os que queiran saber máis sobre o proceso de creación dunha empresa. Desenvolverase en dúas fases: Fase I de xeración de proxectos (que se celebrará do 22 e 23 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación) e a Fase II de desenvolvemento do proxecto (os días 9, 16, 23 e 30 de novembro Edificio Emprendia da USC e no Viveiro da Cámara de Comercio) . A inscrición no programa é GRATUÍTA.
    Máis información e inscricións na web de Incyde.

    jueves, 11 de octubre de 2012

    Curso sobre Microcrédito

    Coincidiendo con la exposición "Mujer y Microcrédito" que tendrá lugar en la Facultade de CC. da Comunicación, la ONGD Treball Solidari organiza en este centro un curso sobre el microcrédito como instrumento de financiación al desarrollo. Tanto la exposición como el curso están financiados por la Agencia Española de Cooperación Internacional y Desarrollo (AECID) y recorrerá las 17 comunidades autonómas con el objetivo de mostrar historias de mujeres que viven en países empobrecidos y que se beneficiaron del microcrédito para auto-emplearse. El curso tendrá lugar del 5 al 8 de noviembre en los horarios y aulas que figuran abajo. Es gratuito y las plazas, limitadas por el aforo del aula, se asignarán por orden de inscripción.


    Día 5 de noviembre, de 18 a 20 h, aula 18.
    Día 6 de noviembre, de 16 a 20 h, aula 18.
    Día 7 de noviembre, de 16 a 20 h, aula 13.
    Día 8 de noviembre, de 16 a 20 h, aula 13.
    Programa
    Dossier

    lunes, 8 de octubre de 2012

    Presentación do "Beertual Challenge 2012"

    O martes, 9 de outubro ás 12 h, terá lugar na Facultade a presentación do "Beertual Challenge 2012", un concurso de simulación empresarial organizado polo Grupo Modelo para enriquecer a educación dos estudiantes mexicanos, españoles e arxentinos, no desenvolvemento das habilidades xerenciais mentras gestionan as operacións dunha compañía cerveceira virtual (Beertual).
    Máis información no boletin de Emprendia  e na web do concurso.

    lunes, 1 de octubre de 2012

    Seminario de Investigación



     

    O próximo venres 5 de outubro contaremos coa visita do profesor Hubert de la Bruslerie (ver CV), da Universidad Paris-Dauphine, e impartirá un seminario no que presentará a súa investigación: “Crossing takeover premiums and mix of payment: An empirical test of contractual setting in M&A transactions”.

    O seminario terá lugar na sala de xuntas (Decanato) ás 12:00 horas e está aberto a todo o profesorado e outro persoal investigador do centro.

    Presentación del Programa Akademia

    El próximo martes 2 de octubre a las 12:00 h en Salón de Grados de la Facultad tendrá lugar la presentación del nuevo Curso de Innovación 360º, del programa Akademia de la Fundación de la Innovación Bankinter. El curso, basado en un método de enseñanza innovador, cuenta con un material íntegramente digital, con un contenido de primer nivel generado por los mejores expertos internacionales.
    Para consultar el folleto de presentación pincha aqui.