domingo, 5 de abril de 2015

Celebración do Patrón da Facultade

O 5 de abril é a festividade de San Vicente Ferrer, Patrón da nosa Facultade, trasladado este ano ao luns 6 de abril, dia no que o centro permanecerá pechado. O mércores 8, as 12:00 h terá lugar o acto no que conmemoraremos esta festvidade, coa entrega dos premios académicos e dos distintos certames convocados pola Facultade, esto é, o premio de pintura CreArte na Universidade, que nesta edición recaeu na obra "O que declina" da artista Carmen Rivas, así como o premio Fulget que este ano foi outorgado á empresa Finsa.

No acto, presidido polo Reitor da USC, participarán tamén a Decana da Facultade e o profesor José Carlos de Miguel, a quen o Reitor entregará a insignia de ouro da Universidade pola súa dilatada carreira profesional que remata este ano, e o que será responsable da conferencia do acto, na que fará un percorrido polos 48 anos académicos desta Facultade.

Agardamos a todo o personal, PDI e PAS, a participar nesta celebración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario