lunes, 20 de abril de 2015

Remata con éxito a I edición do Talent's Loop

Os días 16 e 17 de abril acollimos na Facultade o Talent´s Loop, un programa que busca mellorar as habilidades do estudantado de cara á busca de emprego de xeito exitoso. Este proxecto foi deseñado especificamente para estudantes da USC, co patrocinio da Cátedra Bancaja Mocidade Emprendedora da USC, poñendo a énfase nos aspectos chave que as persoas que se graduarán en breve precisan coñecer para dar o paso ao mercado laboral. Non se trata dunha formación ao uso, é un proxecto cun xiro de 360º para aportar os coñecementos prácticos que realmente se demandan hoxe en día no ámbito profesional. O novo paradigma laboral, conformado nos últimos anos, precisa de novas estratexias para aumentar as posibilidades de éxito, e precisamente isto é o foco principal no que se centra a formación ofrecida nestas dúas xornadas: a mellora da empregabilidade das persoas novas
 
O programa estivo estructurado en dúas liñas complementarias: a Formación na Aula e o Adestramento Persoal. Nas sesións na aula traballáronse a marca persoal, as novas fórmulas de busca de emprego, as habilidades sociais e as habilidades de comunicación. No Laboratorio de Emprego instalado no hall de entrada da Facultade traballáronse de forma persoalizada estas competencias ao longo dun proceso estruturado en 6 fases
no que se simulou un proceso de selección real. Deste xeito, as persoas participantes puideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas aulas e solucionar as súas dúbidas particulares tal e como ocorre na vida real.
 
Os pasos deste especial laboratorio foron:
 
 
 
1. Constrúe a túa imaxe
 
2. Os seis segundos de vida do Currículo Vitae
 
3. Supera as entrevistas con éxito
 
4. Amosa o teu speech
 
5. Brilla nas dinámicas de selección

6. Adestramento nun espazo de networking
 

Noticia en La Voz de Galicia (17 abril 2015)
 
 Galería imágenes:

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario