martes, 30 de septiembre de 2014

Xornada sobre Iniciativa Empresarial


O Xoves, 2 de outubro, ás 11:00 h, na aula B da Facultade tivemos ocasión de coñecer a inicitiava posta en marcha por un grupo de empresarios de Monforte e de fora desta localidade, para fomentar a iniciativa empresarial e axudar ao desenvolvemento económico da cidade e a súa contorna.

A Asociación Semente de Monforte naceu nos comezos do ano 2014, a raíz do premio da lotería de Reis que o 6 de Xaneiro deixou unha choiva de cartos na cidade. Varios agrazados contactaron co alcalde da localidade e outras personalidades relevantes da cidade e crearon esta Asociación para dalgún xeito facer revertir na sociedade una parte da sorte que recibiron.
Na xornada interviron o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz, e o empresario Angel Jove Gonzáles, do grupo empresarial Anjoca. Nela os poñentes presentaron o I CONCURSO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS “SEMENTE DE MONFORTE”, e invitaron a toda a comunidade universitaria a participar ata o 30 de outubro, data na que remata o prazo de presentación de ideas innovadoras. As bases do concurso poden consultarse aquí.

Severino Rodríguez, Alcalde de Monforte, e o empresario Angel Jove (ANJOCA)
 

jueves, 25 de septiembre de 2014

Presentación das características do Traballo Fin de Grao


 
     
 
Unha importante representación dos preto de 300 estudantes que está previsto que realicen o Traballo de Fin de Grao (TFG) de Economía e de ADE no curso 2014-2015 asistiron o mércores 24 de setembro á charla de presentación desta materia na aula B da Facultade. No acto participaron as coordinadoras da materia das titulacións de ADE e de Economía, Marisa del Río e Rosario Díaz e tamén os coordinadores dos dous graos, José M. Maside e Pilar Freire.
O TFG é unha materia máis dos Graos, pero con características que a diferencian do resto: baséase no traballo autónomo dos estudantes, ten carácter transversal, participan nela un elevado número de profesores/as, a temática é diferente para cada estudante e o proceso de avaliación tamén é diferente ao do resto de materias dos Títulos. Estas características implican que a materia teña certa complexidade. Coa finalidade de axudar a superar estas dificultades, na sesión explicáronse os contidos da guía docente, a normativa e os recursos de apoio dispoñibles para os estudantes.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Conferencia de José Medina

Especialmente dirigida a alumnos y alumnas de último curso, el próximo viernes, 19 de septiembre a las 12:00 h tendrá lugar en el Salón de Grados de la Facultad, la conferencia: "Dirige tu carrera: No dejes que otros decidan por ti". Tendremos el privilegio de contar con José Medina, Socio Director de una de las más importantes empresas de cazatalentos a nivel internacional.
Breve perfil del ponente aquí.

sábado, 13 de septiembre de 2014

CONFERENCIA SOBRE EL EEES

O mércores 17 de setembro ás 12.00h tivo lugar na aula B da nosa Facultade a charla titulada “O Espazo Europeo de Educación Superior dende a perspectiva do novo alumnado”. Laura Rego Agraso, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC foi a encargada da mesma. A conferencia forma parte das accións de mellora de calidade dos Títulos e estaba pensada sobre todo para os estudantes de primeiro curso das titulacións de Economía e de ADE.
A charla arrancou cunha breve descrición sobre a orixe do Espazo Europeo de Educación Superior, dos seus obxectivos e dos cambios que supuxo para as titulacións a as Universidades. Especialmente interesante foi a explicación sobre as competencias, os módulos formativos e as metodoloxías de ensino na educación superior, facendo fincapé no estudo autónomo por parte dos estudantes.

 

miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVIDA AO CURSO ACADÉMICO 2014-2015

Comezamos un novo curso académico recibindo aos alumnos e alumnas do primeiro curso que empezan os seus estudos na nosa facultade. Esta xuntanza de benvida tivo lugar o mércores 10 de setembro e nel os estudantes tiveron información xeral do funcionamento da facultade e os seus servizos, así como das asociación estudiantís con sede no centro.
Recordade que neste blog iremos informando das actividades que teñan lugar no centro e noticias relacionadas coa comunidade universitaria. Podedes activar o "Síguenos por Email", introducindo o voso enderezo electrónico na caixa habilitada ao fondo da pantalla de inicio do blog, e recibiredes una alerta cando haxa nova información.
Saúdos e bó comezo de curso!

jueves, 10 de julio de 2014

A profesora Isabel Neira colabora no Informe PISA "Finanzas para la vida"


Mellorar a cultura da que dispoñen as familias e a súa implicación nos colexios redundaría nun aumento das notas do estudantado en probas como as de PISA. A esta conclusión chegou a profesora do departamento de Métodos Cuantitativos e presidenta da Asociación de Economía da Educación, Isabel Neira, que este ano colaborou no Informe PISA Finanzas para la vida 2012.

“Maior cultura implica maior rendemento e por tanto maior éxito escolar, que derivará en profesionais más produtivos que retornarán en maior medida eses investimentos culturais”, asegura.
Os resultados do informe presentáronse o 9 de xullo en Madrid no marco dun Congreso que organiza o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do Instituto Nacional de Avaliación Educativa (INEE) e do Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE).
Noticia no Xornal da USC (aquí)
Noticia en El Correo Gallego (aquí)

miércoles, 25 de junio de 2014

Encontro de Didáctica da Historia Económica

A nosa Facultade acollerá o xoves 26 e o venres 27 de xuño o XI Encontro de Didáctica da Historia Económica, unha ocasión que reunirá a docentes e expertos/as de diversas universidades españolas para abordar as oportunidades e problemáticas da implantación do Espazo Europeo de Educación Superior. A cita servirá para analizar diferentes propostas de interese sobre a docencia neste ámbito e para a presentación de novos recursos, experiencias metodolóxicas ou situacións de avaliación, entre outros.
As sesións da primeira xornada inclúen temática sobre avaliación das competencias dos universitarios/as e o novo protagonismo das crises económicas no ensino da historia económica, así como a presentación de manuais e recursos didácticos da Asociación Española de Historia Económica. No segundo día do encontro haberá sesións sobre a historia económica nos graos bilingües das universidades española, os desafíos e remedios da docencia do EEES, unha mesa de debate sobre as escolas de doutoramento e os novos doutorados, e as posibilidades e limitacións das aulas e cursos virtuais e as propostas de contidos. O programa rematará cunha mesa sobre o estado actual e os retos do ensino da historia económica.

martes, 17 de junio de 2014

Proxecto europeo Citizenergy

O pasado día 12 e 13 de xullo desenvolveuse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais unha reunión do proxecto europeo Citizenergy.
Citizenergy é o acrónimo de Cidadáns Euroepos polas Renovables (e na súa acepción inglesa da European Platform for citizen investiment in renewable energy), un proxecto europeo que tentará promover sinerxías entre proxectos e a transferencia en Europa de modelos de negocio clave na área das enerxías renovables. No seu desenvolvemento participan un total de catorce socios de nove países diferentes, entre eles o grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada da USC. O resultado principal do proxecto será a creación dunha nova plataforma en liña en Europa para os investimentos dos cidadáns en proxectos con base nas fontes de enerxía renovables.                        
Cun orzamento de un millón e medio de euros, participan no desenvolvemento desta plataforma Ateknea Solutions Catalonia, Boa Energia, Lumo France, Green Crowding, Abundance, Som Energia, De Windvogel, European Crowdfunding Network, Active Citizenship Network, European Association of Development Agencies, Climate Alliance, United Nations Development Program, Eupportunity e o grupo VALFINAP. O equipo da USC, cos profesores David Roodeiro, Sara Fernández e Pablo Durán ao frente, asume o liderado do paquete de traballo destinado a identificar os distintos tipos de modelos de negocio e as súas características no ámbito das enerxías renovables.
O proxecto iniciado este mesmo ano, estenderase ata comezos de 2017. A súa segunda xuntanza realizada en Compostela profundizou na coordinación dos equipos para o desenvolvemento da plataforma que será probada coa axuda de seis proxectos piloto RES (Renewable Energy Source) en Alemaña, España, Francia, Holanda, Portugal e no Reino Unido. Segundo David Rodeiro espéranse ter no ano 2017 mais de 6.000 investimentos de cidadáns de dez estados membros europeos.
Os socios de Citizenergy traballarán na liña de construír un futuro enerxético seguro e a obtención dos obxectivos de enerxía trazados pola UE no horizonte de 2020 que apuntaban unha redución do consumo de enerxía primaria dun 20% para ese ano. Ademais, o desenvolvemento deste proxecto permitiría anticipar un marco común da UE para o investimento do cidadán, así como apoiar unha cultura de investimento a longo prazo e para a creación de postos de traballo verdes en Europa.
 

 

domingo, 1 de junio de 2014

Bodas de prata da Promoción de Económicas 1983-1988

Celebrouse na Facultade o pasado 16 de maio o acto de conmemoración do 25 aniversario da promoción de Ciencias Económicas da que saíron varios dos profesores que hoxe están a desenvolver a súa actividade docente e investigadora no noso centro, como Maite Cancelo, Isidro Frías, Miguel Taín, Marisa Chas, Salomé Taboada e Rosario Díaz. Ésta precisamente falou en nome dos titulados da promoción durante o acto, que estivo presidido pola Decana da Facultade e no que tamén participou un dos profesores daquela promoción, o profesor Luis Caramés. Fellicitacións!


miércoles, 23 de abril de 2014

Seminario de Métodos Cuantitativos para a Economía

O xoves, 24 de abril, na aula 29 da facultade terán lugar novas conferencias do Seminario de Métodos Cuantitativos para a Economía, segundo o seguinte programa:

10.30 h. “Indicadores compuestos: un problema sin solución… única. Un enfoque multicriterio”
               Dr. Rafael Caballero Fernández  (Universidade de Málaga)
               Dra. Trinidad Gómez Núñez  (Universidade de Málaga)            
17.00 h. “Extensión de los modelos básicos de Análisis Envolvente de Datos (DEA)”
               Dr. Ramón Sala Garrido (Universidade de Valencia)

lunes, 7 de abril de 2014

Curso sobre Novidades do IVE

Fruto do recentemente asinado convenio de colaboración entre a USC, a través da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, e o Ilustre Colexio de Economistas de A Coruña, a delegación de Santiago do Colexio organiza o curso: Novidades do IVE, destinado a alumnado do noso centro.
O Curso é de balde e terá lugar o día 7 de abril, de 18 a 20 horas, na aula 11. As persoas interesadas poden inscribirse no despacho da delegación de Santiago do Colexio de Economistas (no hall do decanato).
Mais información aquí.