martes, 12 de marzo de 2019

Seminarios do Master en Desenvolvemento Económico e Innovación

O Master DEIN organiza hoxe martes 12 de marzo e mañá mércores dous seminarios de gran interese en materia de innovación ós que pode asistir todo o alumnado da Facultade xa que a entrada é libre.



O grupo GEM Galicia presentou o pasado luns 11 de marzo un informe sobre o emprendemento en Galicia na última década desde unha perspectiva de xénero.

O proxecto GEM, observatorio da actividade emprendedora en Galicia, presentou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o informe monográfico 10 anos de emprendemento en Galicia: un enfoque de xénero, no que se analiza o perfil da persoa emprendedora durante a última década. O acto contou cunha mesa redonda na que participaron o director xeral de Universidades, José Díez de Castro; a directora de Executivas de Galicia, Carla Reyes; a coordinadora de Woman Emprende, Eva López, e a coordinadora de GEM-Galicia, Isabel Neira, que remarcaron a importancia do emprendemento no tecido empresarial e animaron aos asistentes a pór en marcha novas iniciativas de negocio. 

viernes, 8 de marzo de 2019


Coloquio:
“A CARREIRA PROFESIONAL DAS EX ALUMNAS DA FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS DA USC”

Destacadas ex alumnas da nosa Facultade participaron este xoves 7 de marzo nun coloquio sobre a súa carreira profesional que se celebrou  ás 12.30 horas na Aula B do Centro. 

No coloquio moderado pola catedrática de Historia e Institucións Económicas da USC María Xosé Rodríguez Galdo participaron como entrevistadores/as un grupo do alumnado de 3º e 4º curso dos Graos en Economía e ADE.

As participantes foron Pilar Alves Moreno, coordinadora xeral de RSC e Institucional de Afundación/Abanca; Lourdes Baliñas Antelo, responsable financeira e Control de Xestión en Denso Sistemas Térmicos España;  Elena Espinosa Mangana, adxunta á Presidencia do Grupo Rodman e que foi Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Yolanda Pena Boquete, directora do departamento de investigación da spin-off da USC AYeconomics Research Centre e Belén Solla Medina, que recentemente comenzou a traballar no departamento financeiro de Abanca Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A.U. tras desempeñar diferentes cargos nas grandes firmas de auditoría.





CHARLA "ECONOMÍA E XÉNERO"

O pasado mércores 6 de marzo tivo lugar ás 12h no Salón de Grados da Facultade de CC. Económicas e Empresariais a charla: “ECONOMÍA E XÉNERO”, organizada pola asociación estudiantil ANEGA. 

A charla estivo moderada pola profesora do Departamento de Economía Aplicada, Pilar Murias Fernández, Vicedecana de Estudantes e Relacións Internacionais e nela interviñeron:

Eva Aguayo Lorenzoprofesora do Departamento de Economía Cuantitativa
Rosa María Reguiero FerreiraProfesora do Departamento de Economía Aplicada e 
Mª Xosé Rodríguez Galdo, Catedrática de Historia e Institucións Económicas.

domingo, 17 de febrero de 2019


Presentación de Deloitte
O venres 15 de febreiro a responsable de Recursos Humanos e máis o responsable da área de Asesoramento Fiscal de Deloitte en Galicia fixeron unha presentación na Facultade dos servicios que ofrece a firma, da carreira profesional na súa empresa e o proceso de selección que van desenvolver durante estes próximos meses animando a participar no mesmo ó alumnado.





viernes, 15 de febrero de 2019

Os profesores da Facultade: Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez Roget e Pilar González-Murias reciben o premio "Valentín Paz Andrade"
 
 
 
O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) entregou o xoves 14 de febrero o Premio ‘Valentín Paz Andrade’ de investigación en Economía de Galicia, convocado conxuntamente polo IDEGA e o Consello Económico e Social.
Na modalidade de traballos en revistas ou editoriais, recoñeceuse o traballo de Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez Roget e Pilar González-Murias, co artigo ‘Length of stay: evidence from Santiago de Compostela’ publicado na revista Annals of Tourism Research. Na concesión, o xurado destacou “o carácter novidoso do traballo e a súa exhaustividade, cunha rigorosa análise estatística que permite tirar conclusións relevantes para o deseño da política turística na área de Santiago de Compostela”.
Na entrega de premios, presidida polo reitor Antonio López, participaron a presidenta do Consello Económico e Social de Galicia, Corina Porro Martínez; o presidente da Fundación Feiraco, José Montes Pérez; e o director do IDEGA, Alberto Meixide Vecino.
Con anterioridade á entrega protocolaria de premios, o profesor Edelmiro López Iglesias presentou o relatorio ‘As transformacións socioeconómicas de Galicia no último medio século: un proceso histórico á espera dun relato’.

miércoles, 6 de febrero de 2019

Acto de entrega do I Premio Internacional de Investigación en Innovación e Economía Circular

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle este xoves 7 de febreiro a entrega do I Premio Internacional dInvestigación en Innovación e Economía Circular organizado polo Master en Desenvolvemento Económico e Innovación, concedido este ano a Leandro Javier Llorente González (1ºPremio) e a Edurne Suárez Lejardi (Mención especial).
O vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa, presidirá o acto a partir das 10:45 horas. No acto intervirán tamén o coordinador do MásteDEIN e presidente do Xurado, Xavier Vence e o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.




domingo, 2 de diciembre de 2018

CLAUSURA DO 50 ANIVERSARIO DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA EN GALICIA



A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago acolleu o peche do 50 aniversario dos seus estudos en Galicia, cunha serie de eventos previos a un acto de clausura no que participaron Mar Lorenzo, vicereitora de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago; Carmen Pomar Tojo, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional; e María Emilia Vázquez Rozas, decana en funcións da Facultade.

Emilia Vázquez fixo un percorrido pola andaina de oito anos no decanato e das distintas celebracións co gallo do 50 aniversario; agradecendo o traballo e maila colaboración de numerosas personalidades e institucións.

“Foi para min unha honra estar ao fronte dunha Facultade que tivo un relevante papel no desenvolvemento de Galicia, na nosa economía e cultura, unha facultade de prestixio que procurei incrementa e cando menos manter”, sinalou Vázquez.


Máis dun ano cheo de actividades

Concluía deste xeito máis dun ano de celebracións vertebradas nun programa de actos conmemorativo que xuntou figuras galegas e internacionais da materia.

Pódense salientar nese abano o congreso “50 anos de economía galega”; a celebración da fase final da X Olimpíada Española de Economía; a reunión da Conferencia Española de Decanas e Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE); o “Encontro de profesorado de Economía e Empresa de ensino medio e superior”; ou o “Encontro Universidade – Empresa APD”, entre outras propostas.

Actos desenvolvidos na xornada de clausura

Antes do peche, a xornada de clausura comezou cunha reunión do Comité Consultivo da Facultade compostelá.

A continuación presentouse o Catálogo de obras de arte do centro, nunha sesión coa participación do catedrático e ex decano José Carlos de Miguel e máis de José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia de Arte Moderna e Contemporánea.

 
 
 
 
María del Carmen Guisán, directora da Revista Galega de Economía, e a decana en funcións Emilia Vázquez mostraron o número extraordinario da Revista, que recolle as participacións e conclusións do Congreso “50 anos de economía galega”, celebrado o mes de abril dentro do calendario de actividades do aniversario.

 
 
 
Pola súa banda, a mesa redonda “Os 50 anos de Economía Galega na prensa” abordou a vinculación entre estes dous campos, coa presenza de Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación; os profesores Xaime Barreiro e José Antonio Varela; e mailos xornalistas Sofía Vázquez (La Voz de Galicia) e Xavier Cea (El Correo Gallego).

Precisamente o tratamento da economía pola prensa é o eixo da exposición que xa se exhibe no centro e que conta coa colaboración de La Región, El Progreso, Faro de Vigo, El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Achega un total de 45 capas e de páxinas destacadas desde 1968, ano de inicio dos estudos de economía en Galicia e da inauguración da Facultade compostelá, e supón unha viaxe ao longo do tempo.
 

lunes, 19 de noviembre de 2018

Economía Social: encuentro entre académicos, administración y sector


 
O 8 de novembro tivo lugar na Facultade de Ciencias Económicas Empresarias o I Encontro Universidade Economía Social, un foro que nace co obxectivo de sentar as bases dunha colaboración estable entre a academia e o sector de Economía Social de Galicia.
 
O foro, moderado pola directora do CECOOP, Mª Teresa Cancelo, contaba coa participación tanto de docentes da USC especialistas no tema, como de persoas externas á universidade e coñecedores do sector. Isto permitiu que tivese lugar un debate variado no que se expoñía tanto a visión máis teórica como unha versión práctica da situación, o que permitiu aos asistentes desfrutar de un coloquio enriquecedor sobre as cooperativas galegas e o trato que se lle da na nosa comunidade autónoma.
 
Debido a esta dobre visión da economía social se puido conversar sobre os problemas que afronta a Economía Social en Galicia. Ten especial importancia a coordinación de ambas visións, teórica e prácticas, xa que normalmente son vistas como completamente opostas, cando en realidade son dúas caras da mesma moeda, que se deben traballar á vez para que as cooperativas consigan os seus obxectivos.



Na exposición de Telmo Otero se mostrou a efectividade de este traballo conxunto no sector lácteo galego. Outras exposicións, como a de Ana Olveira, mostraban distintas liñas de investigación importantes en Galicia sobre Economía Social. Estas presentacións víronse complementadas por outras, que mostraron os recursos que a USC aporta ao servizo da Economía Social.
En definitiva, o foro estableceu un punto decisivo na relación entre a Universidade e a Economía Social en Galicia, que aporta grandes esperanzas a un sector en pleno desenvolvemento e que non recibe a atención necesaria a pesar do gran peso que ten na nosa economía.

Adrián Sánchez Cerneira
Alumno de 4º curso do Grado en ADE