lunes, 27 de febrero de 2012

CURSO SOCIEDADES COOPERATIVAS

O próximo martes 28 de febreiro inaugurarase na Facultade o Curso sobre Sociedades Cooperativas, que vai ter lugar nas seguintes datas segundo o programa adxunto:

PROGRAMA DO CURSO
Datas: Do 28 de febreiro ao 17 de marzo
Lugar: Sesións presenciais na Aula 12 vella, se non se especifica outra, da Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Organiza: Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, Sinerxia, Federación de Cooperativas e Ugacota (Unión de Cooperativas de Traballo Asociado)
PARTE I. AULAS PRESENCIAIS
 1.-Sesión Inagural do curso. 28 de Febreiro, 16.30 h. Salón de Graos.
                Participan:
Dna. Sara Cantorna Agra Vicerrectora de Economía e Infraestructuras USC.
D. Odilo Martiñá Rodríguez.  Director Xeral de Relacións Laborais.Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia.
Dna. Milagros Vazquez Rozas. Decana Fac. CC. Económicas e Empresariais
D. Manuel Jordán Rodríguez. Director do Curso.Dpto. Economía Aplicada-IDEGA
2.-O modelo cooperativo: como sociedade e  como empresa.
28 de Febreiro ás 18 h. D. Manuel Perez Losada. Xefe de Servizo de Cooperativas e Economía Social. Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia
29 de Febreiro ás 16 h. Dna. Rosario Babio Arcay.  Dpto. de Economía Financieira e Contabilidade.
3.-O cooperativismo en Galicia
29 de Febreiro ás 18 h D. Manuel Jordán Rodríguez. Dpto. Economía Aplicada-IDEGA. USC
4.-As principais clases de cooperativas: cooperativas de traballo asociado, cooperativas de servizos profesionais e empresariais e cooperativas no agro e no mar.
6 de Marzo ás 16 h. D. Higinio Mougán Bouzon.Xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA). Dna. Mª del Mar Pernas Márquez.Xerente da Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA)
5.-As habilidades sociais e o traballo en común. Conformación de grupos. A viabilidade societaria das cooperativas
6 de Marzo ás 18 h. Dna. Ana Rosa Lorenzo Vila. Socióloga. Federación de Cooperativas Sinergia. Cidadania coop.
6.-A viabilidade empresarial das cooperativas. O plan de empresa e as boas prácticas de xestión. Financiamento de proxectos cooperativos
7 de Marzo ás 16 h Dna. Marta Miguez Miguez. Lda. En Administración de Empresas.Consultora en materia cooperativa. UGACOTA
13 de Marzo ás 16 h. D. Gabriel Guijarro Arca. Subdirector Xeral de Caixa Rural Galega.
7.-Axudas, subvencións e outras medidas de apoio. Ferramentas para o impulso de proxectos
13 de Marzo ás 18 H D. Xoan Miguel Concheiro Abal. Subdirector Xeral de Cooperativas e Economía Social. Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia
PARTE II. PRÁCTICAS TITORIZADAS.
Entre o 15 e o 31 de Marzo
Nº de Horas presenciais de Titoria: 8 Horas distribuidas en trés sesións
Aproximación á elaboración de estudios de viabilidade e plans de empresa. Análise e financiamento de proxectos.
Xeración de ideas e concreción de proxectos empresariais cooperativos, avaliación das suas condicións de viabilidade, definición das liñas xerais do plan empresarial e realización e avaliación das previsións financieras.
Conformaranse 6 grupos de traballo cun máximo de 6 alumnos que deberán propoñer e desenvolver o seu propio proxecto. Cada grupo estará titorizado por un Consultor especializado en cooperativas.
Profesores Titores:
§         Dna. Marta Miguez Miguez. Lda. en Administración de Empresas.Consultora en materia cooperativa. UGACOTA
§         Dna. Marta Vazquez Suarez. Dra. En Economía. Consultora en materia cooperativa
§         D. Xurxo Lueiro de Jesús. Diplomado en Relacións Laborais. Consultor en materia cooperativa
§         D. Brais Perez Gomez.   Diplomado en Relacións Laborais. Consultor en materia cooperativa
§         Dna. Maria Elishabet Domínguez. Lda en Administración de Empresas Consultora en materia cooperativa
§         D. Pablo Olmo Pazos. Graduado en Enxeniería. Consultor en materia cooperativa

PARTE III. ANÁLISE DE EXPERIENCIAS COOPERATIVAS.
Visitas guiadas a cooperativas, con exposición das experiencias concretas da súa posta en marcha e funcionamento a cargo de cooperativistas. Debate e análise das experiencias.
Sábado 3 de Marzo:
§         Panxea. Cooperativa de Consumidores e Usuarios, Santiago de Compostela
Sábado 10 de Marzo*:
§         Monte Cabalar. Cooperativa de Explotación Comunitaria da Terra. A Estrada
§         Seragro. Cooperativa de Traballo Asociado. O Milladoiro. Ames 
Sábado 17 de Marzo*:
§         Hortoflor. Cooperativa Agraria (Horta e flor). Toén. Ourense
§         Vitivinícola do Ribeiro. Cooperativa Agraria (Viño). Rivadavia. Ourense
* Desplazamento en autobús. Horario de saida: 9.00 H. Lugar: Aparcamento da Fac. de Económicas e Empresariais. Santiago de Compostela

Taller de Oratoria y Debate

A Cátedra Bancaja Novos Emprendedores da USC organiza, dentro das actividades da Aula Novos Emprendedores 2012, un Taller de Oratoria e Debate, os próximos 2 e 7 de marzo, en dúas xornadas completas, na aula 12 vella da facultade.
A metodoloxía empleada para o desenvolvemento de habilidades directivas, o debate de competición, permite aos participantes potenciar súas competencias individuais, tales como falar en público, o liderazgo, a consecución de obxectivos, pro-actividade, o traballo autónomo, a argumentación, a resolución de problemas, a elaboración dn discurso ou presentación, a empatía, a concreción e a síntese, a improvisación e a xestión do tempo, así como as competencias grupales, como o traballo en equipo, o diseño de estratexias, o liderazgo ocasional vs followers, a asunción de roles, o reparto de tarefas e a execución de plans de acción. O responsable do taller é Santiago Martínez, Presidente da Sociedade de Debate de Competición da USC e experto en asesoría política.
Para máis información e inscricións: catedrabancaja@usc.es

Programa:
Venres,
2 de marzo
10 – 14 h
Sesión 1: Formación teórica en técnicas de debate y oratoria profesional
16 – 19 h
Sesión 2: Traballo en equipo de investigación, documentación, deseño de estratexias e xestión do tempo.
Mércores,
 7 de marzo
10 - 14 h
y
16 - 19 h
Sesión 3: Xornada de debate y feedback

Novo seminario do Master en DRIE

Dentro do ciclo de seminarios que organiza o Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración, o vindeiro luns 5 de marzo, ás 5 da tarde na aula 12 vella, tera lugar o seminario "Organización e planificación no sistema estatístico público de Galicia", impartido por Rosa Elvira Fernández González, do Instituto Galego de Estatística.

sábado, 25 de febrero de 2012

I Xornadas de Economía Agraria

A Liga Estudiantil Galega, xunto co Sindicato Labrego Galego,organiza as I Xornadas de Economía Agraria os próximos días 28 e 29 de febreiro, no Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais. No programa participan diversos profesores do Dep. de Economía Aplicada e membrs do SLG, en dúas completas xornadas co seguinte programa:


Martes, 28 Febreiro

     11:30- “Inauguración das Xornadas”
     12:00- “A soberanía alimentaria como garantía de futuro”
                 Lidia Senra, Membro da Executiva Nacional do SLG
     16:30- “Que medio rural para a Galiza do século XXI ? Algunhas cuestións para
                 o debate” Edelmiro López Iglesias, Prof. Dr. do Dep. de Econ. Aplicada,
                 experto en economía agraria
     18:00- “Ameazas actuais sobre a produción de alimentos na Galiza (PAC-
                 Terra-Auga)” Carme Freire, Sec. Xeral do SLG

Mércores, 29 Febreiro

     10:30- “Os transxénicos: un negocio para quen?”
                Xosé Ramón Cendán, Membro da Executiva Nacional do SLG
     12:00- "É posíbel o emprendemento no rural galego?"
                 Con labregos da Comarca de Compostela e Gonzalo Rdríguez, Prof. Dr. do
                 Depart. de Econ. Aplicada da USC e experto en Desenvolvemento Local
     16:00- “O rural galego en tempos de colapso enerxético”
                 Xoán Doldán, Prof. Do Depart. de Econ. Aplicada da USC e experto
                 en cuestións enerxéticas
     18:00- “O cooperativismo en Galiza”
                 Manuel Jordán, Prof. do Dep. de Econ. Aplicada da USC e Coordinador
                 Científico do “Libro Branco do Cooperativismo en Galicia”
     19:30- “Clausura das Xornadas”

martes, 7 de febrero de 2012

Entrega do Premio de Pintura "CreArte na Universidade"

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais entregoulle este mércores á profesora da USC María del Carmen Torres Maroño o premio do Concurso de pintura ‘CreArte na Universidade’, convocado polo mesmo centro no marco da súa Quincena Cultural. O xurado recoñeceu ademais como finalista a obra de Xoán Xosé Turnes Santos.
 
No acto de entrega, que contou coa actuación musical da clarinetista e alumna do centro Raquel Fernández Fernández, o decano da Facultade de Xeografía e Historia e membro do xurado, Juan Manuel Monterroso Montero, fixo un percorrido polas obras dos fondos da facultade recentemente restauradas que están expostas na Aula Tomé. A estes fondos incorpórase agora a obra gañadora desta primeira edición do certame CreArte.
O xurado estivo composto pola decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Emilia Vázquez;  o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o profesor Juan Manuel Monterroso; o artista gráfico Xurxo Martiño; e a comisaria de exposicións  Cristina Carballedo.

martes, 31 de enero de 2012

Posta en marcha da Aula Novos Emprendedores 2012

O mércores 1 de febreiro inaugúrouse a Aula Novos Emprendedores, unha iniciativa da Cátedra Bancaja Novos Emprendedores da USC. Na xornada, inaugurada polo Reitor da USC, a Directora Xeral do BIC Galicia e a Decana do centro, presentáronse as distintas actividades que se van desenvolver neste programa ao longo dos próximos tres meses, e que están relacionadas coa formación emprendedora dos estudantes.


Asimesmo, celebrouse unha mesa redonda na que tivemos ocasión de coñecer as experiencias emprendedoras de  Iago Pazos y Marcos Cerqueiro, de Abastos 2.0;  Carlos Fernández, de Moonbite-games; y Xacobe Sanz, de Ilusiones Mágicas, tres casos que demostran que aínda existe capacidade de innovación en todos os ámbitos empresariais.
Dous integrantes do Club Emprende M.A.S. (Mocidade Activa e Sinerxias) explicaron os obxectivos desta agrupación nacida no seno da Aula do año pasado e animaron a todos os compañeiros a formar parte deste proxecto. Por último, Xacobe Sanz cerrou a xornada cunha actuación de maxia.
Máis información: http://www.catedrabancajausc.es/

Certificación de calidade para o noso centro

Hoxe, a Vicerreitora de Calidad da USC fixo entrega á responsable de calidade da Facultade, Mercedes Tato, do certificado Fides-Audit que otorga a ACSUG, ANECA e AQU Catalunya conxuntamente, e que avala o traballo deselvolvido polo centro para garantir a calidade da súa oferta educativa e impulsar unha cultura de avance continuo.

martes, 17 de enero de 2012

Estudo sobre o "turismo académico"

Tres profesores da Facultade, Xosé A. Rodríguez González, Fidel Martínez Roget e Ewa Pawlowska, teñen aceptado o traballo "Academic tourism demand in Galicia, Spain" na prestixiosa revista Tourism Managament, no que poñen de manifesto a importancia do “turismo académico” en Galicia. Con este termo se fai referencia ás actividades realizadas polas persoas durante as súas estadías, de duración inferior a un ano, nas institucións de educación superior e fora do seu lugar de residencia habitual. O traballo ten un interese adicional posto que propón unha serie de recomendacións de cara ao deseño de políticas efectivas dirixidas a este segmento de turismo.
Nesta área de investigación a revista Tourism Management é a que conta co maior índice de impacto no Journal Citation Report (JCR).

jueves, 12 de enero de 2012

Presentación do programa do XIX Encontro de Economía Pública

O XIX Encontro de Economía Pública, baixo o lema ‘Políticas Públicas para a saída da crise’, reunirá a finais deste mes a profesores de preto de trinta universidades españolas así como de Melbourne, Galway, Torino, Michoacán, Copenhague, Atlanta ou Maryland, xunto a expertos da Comisión Europea, do Bundesbank, do Banco de España, do Banco Central Europeo ou do Consello de Contas, entre outros. (Xornal do 13/01/2012)
Toda a información na páxina web do XIX Encontro de Economía Pública.

Conferencia do Conselleiro de Industria no Mascomex

O alumnado da vixésimo primeira edición do Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da USC contou coa intervención no programa docente do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, quen animou ao alumnado na súa traxectoria formativa por atoparse nun ámbito de “enormes oportunidades de crecemento”. (Xornal do 12/01/2012)

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Conferencia sobre o panorama económico internacional e español

No marco do programa de colaboración que vimos desenvolvendo desde a Facultade con diversas entidades, o Club Financiero de Santiago invitou as nosas aulas ao profesor Javier Díaz Jiménez, que impartiu unha conferencia sobre O panorama económico internacional e español, o mércores, 30 de novembro, ás 18:30 h na aula Andrés Suárez.

O profesor Díaz Jiménez é licenciado en Ciencias Económicas por a Universidad Autónoma de Madrid e doctor en Economía por a Universidad de Minessota. Actualmente desenvolve a súa labor docente no IESE Business School, en Madrid.