jueves, 28 de febrero de 2013

Seminarios de Competencias Profesionais


Cunha gran afluencia de xente, comenzou onte o ciclo de seminarios "Empléa-T: o teu futuro en 7Ts" que organiza a Facultade co obxectivo de mellorar as competencias profesionais dos estudantes. O obxectivo da iniciativa é atender o baleiro da formación regrada neste ámbito e completar o currículo formativo dos futuros profesionais, preparándoos para afrontar en mellores condicións a súa entrada no mundo profesional.
A primeira sesión, Conciéncia-T, tiña por obxectivo facer unha chamada de atención aos futuros egresados sobre a situación actual do mercado laboral e as perspectivas de futuro, a realidade das demandas das empresas en termos de competencias buscadas nos futuros traballadores e a necesidade de mellorar o curriculum académico cunha formación complementaria nestas habilidades. Na sesion participaron a Vicedecana de Relacións coas Empresas da Facultade e o Director de negocio da Escola de Negocios de NCG, que colabora na organización dos seminarios.
Nos próximos seminarios, que terán lugar todos os mércores ata o 24 de abril, abordaránse diferentes aspectos presentes nos procesos de selección de persoal. En Conóce-T analizaranse os distintos perfís profesionais para elixir ao candidato de cada posto e os participantes recibirán o seu perfil competencial; Posicióna-T fai fincapé na necesidade de diseñar e poñer en marcha un plan de acción de cara á presentación dunha candidatura a un posto de traballo, remarcandose a importancia de adoptar un bó posicionamento profesional na red; Comuníca-T é un obradoiro no que se pretende ofrecer aos participantes un conxunto de ferramentas coas que desenvolver e potenciar as súas habilidades de comunicación e particularmente para facer presentacións en público; no seminario Vénde-T traballarase a actitude desexable nunha entrevista de traballo; Lánza-T prestará atención a cuestións como o poder da iniciativa, o medo ao fracaso ou os talentos persoais e, por último, Especialíza-T centrarase no papel actual dos estudos de posgrao e o seu impacto no mercado laboral.
A modo de peche e completando estes seminarios e obradoiros, celebrarase unha xornada co lema ‘A visión dos empregadores’ para coñecer a visión dos responsables de recursos humanos dentro da empresa e doutros axentes de apoio aos futuros graduados/as na súa entrada ao mundo laboral.
Mais información na web do centro.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Seminarios do Máster DRIE

O Máster en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica organiza dous novos seminarios, de asistencia libre, que impartirá D. Jesús Carrete, do Commissariat de L'Energie Atomique (CEA) Grenoble (Francia), sobre as seguintes temáticas:
·        Elementos de redes complexas. 14 de febreiro
·        Economía e termodinámica. 15 de febreiro
Ambos os dous terán lugar na aula 5 desta Facultade de 16:00 a 17:30 horas.

jueves, 7 de febrero de 2013

CreArte na Universidade


Xa temos en marcha a II edición do concurso de pintura CreArte na Universidade que promove a nosa Facultade. A información sobre as bases pode atoparse na web do centro. Todos os membros da comunidade universitaria estades invitados a participar neste concurso. O plazo de presentación de obras remata o 1 de marzo.

jueves, 31 de enero de 2013

Programa de Intercambio La Rochelle


O xoves, 31 Xaneiro, María Belhaj, Responsable de relacións internacionais de La Rochelle Business School fará unha presentación do programa de intercambio que ofrece esta institución aos alumnos . A cita é as 16:30 h na aula B.

miércoles, 23 de enero de 2013

BANCA ÉTICA: ¿OXÍMORON?

Ninguén cuestiona hoxe en dia a necesidade dun marco axeitado para facilitar o intercambio de recursos entre os axentes económicos. O papel do sistema financeiro é parte fundamental do sistema económico. O que si se ten cuestionado, á luz dos acontecementos que levaron a actual crise económica, é o actual modelo predominante e tradicional de facer banca. Tras os numerosos -e parece que interminables- escándalos aos que asistimos neste sector empresarial, queda demostrado que o principio financeiro do “interese propio” segue a cumprirse na súa peor interpretación. Partindo do suposto de que nas transaccións financeiras as persoas actúan racionalmente buscando o máximo beneficio posible, este principio non nega a importancia das consideracións humanas implicadas nesas operacións, nin suxire que o diñeiro sexa o máis importante na vida das persoas. Sen embargo, calquera cuestión relacionada con aspectos non directamente valorables economicamente parece non ter tido lugar no funcionamento da banca. É evidente que na situación actual xa non podemos recorrer ao clásico “é o sistema o que non funciona”. Está demostrado que a maior parte da responsabilidade da actual crise financeira ten que ver cunha falta de valores éticos nas actuacións de individuos que deixan en entredito a dimensión moral do seu comportamento no exercicio da súa actividade profesional.
Oxímoron é un recurso literario que consiste en situar nunha mesma expresión dous conceptos de significado contraditorio, obtendo un novo significado. É por iso que ao falar de “banca ética”, preguntámonos se é posible designar un novo xeito de exercer a actividade financeira.
Na reportaxe emitida pola TVG o pasado 19 de xaneiro, no que participou a profesora do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, Loreto Fernández, afondase algo máis nesta forma de facer banca como alternativa ao modelo convencional. Así mesmo, preséntase o modelo de Triodos Bank e Fiare, e algúns proxectos financiados a través destas entidades que rixen a súa forma de facer actividade financeira por uns criterios éticos e de máxima transparencia.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/banca-etica-cocina-galega-un-espanol-con-obama

miércoles, 16 de enero de 2013

Conversas no Ronsel

Con motivo da conmemoración en 2012 do día das letras galegas dedicado a Valentín Paz Andrade, o periodosta Xan Carballa entrevistou aexpertos da Facultade de Económicas, como as profesoras María Xosé Rodríguez Galdo, Catedrática de Historia e Institucións Económicas, e Carme García Negro, doutora en Ciencias Económicas e Directora do grupo de Investigación de Economía Pesqueira. A situación demográfica en Galicia e a cultura pesqueira empresarial son os temas ao redor dos que xiran, respectivamente, as súas conversas.

Texto completo das entrevistas pinchando nas imáxenes.

               

jueves, 20 de diciembre de 2012

Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero da USC

Hoxe entregáronse no Salón de Graos do Colexio de San Xerome os premios correspondentes a III edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación da USC, que convoca a Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade.

Tanto na modalidade de docencia como de investigación os primeiros premios recaeron en profesores e investigadores da nosa Facultade. Concretamente, na modalidade de docencia o primeiro premio foi para a proposta ‘Enfoques de xénero na materia Traballo Fin de Grado en Economía das áreas de Economía Aplicada e Historia Económica. Metodoloxía de traballo e resultados’, que promoveron Mª Pilar Freire Esparís e Nélida Lamelas Castellanos.

No que respecta á modalidade de investigación, o primeiro premio foi para a proposta ‘Feminización da Universidade. Carreira docente e usos do tempo. Dos patróns tradicionais á corresponsabilidade?’, de Mª Xosé Rodríguez Galdo, José Cordero Torrón, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, Mª Pilar Freire Esparís, Elisa Jato Seijas, Mª José Méndez Lois, Eduardo Pis Sánchez e Rosa Mª Regueiro Ferreira.

Noraboa a todos e todas por este recoñecemento a o traballo ben feito. (Noticia completa no Xornal da USC, 20/12/2012)

miércoles, 19 de diciembre de 2012

O que deu de si a Semana Cultural

Os recortes que estamos a sufrir afectannos en todo os sentidos, non só no que atinxe á situación laboral senón o que é aínda peor, a nosa situación persoal. Sempren pensei que na formación dun ser humano, sexa cal sexa a etapa na que se encontre, a efectividade da súa educación pasa por complementar os estudios que se estean a realizar con dúas accións complementarias: a deportiva e a cultural. É por iso que na Facultade apostamos por traer, aínda que sexa dun modo moi modesto, un anaco de cultura a través de diversas actividades que celebramos na semana do 26 ao 30 de novembro. Conferencias, actuacións musicais e exposición organizadas polo nosos estudantes, debates sobre temas de actualidade tras a celebración de mesas redondas (banca ética), ou o visionado de peliculas (muller e liderazgo, valor do emprendemento, sistema educativo) e charlas de artistas recoñecidos fora das nosas fronteiras (Paco Pestana), e a convocatoria da II edición do Concurso de pintura CreArte na Universidade, foron as propostas que agora podedes ver neste breve resumo (video).
Saúdos
Loreto Fernández

lunes, 10 de diciembre de 2012

Conferencia de peche de cuatrimestre



O mércores 12 de decembro tivemos a fortuna de contar na facultade co exministro de Xusticia, Francisco Caamaño Domínguez, que impartiu unha conferencia sobre: "As Novas Tecnoloxías e a Administración de Xusticia en España". O poñente foi presentado polo decano do Colexio de Economistas da Coruña, Roberto Pereira.
 
Nado en Cee (1963), Caamaño é doutor en Dereito, foi profesor de Dereito Constitucional na USC, e catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia. Sendo Secretario de Estado de Relacións con as Cortes, de 2004 a 2009, foi nomeado Ministro de Xusticia ese ano, cargo que desempeñou ata decembro de 2011. Na actualidade  ocupa o cargo de Secretario Xeral do PSdG na provincia da Coruña, sendo diputado e portavoz de Cultura e Lingua no Parlamento de Galicia.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Convenio de prácticas coa Asociacion Executivas

Co obxectivo de intensificar o programa de prácticas en empresas no que poden participar o alumnado dos graos que se imparten no centro, a USC e a Asociación de Executivas de Galicia asinaron un convenio de colaboración que regula a oferta de prácticas nas empresas asociadas así como o achegamento de expertos/as á docencia teórico-práctica especializada que fora precisa. No acto protocolario, no que se asinou o convenio por parte do reitor, Juan Casares, e a presidenta da asociación, Montserrat Sánchez-Agustino, estiveron tamén presentes a Decana da Facultade, Emilia Vázquez, e o Vicedecano de Estudantes, Alejandro Ballesteros.
Esta colaboración é particularmente importante xa que trátase dunha asociación que reflicte a crecente presenza de mulleres en postos destacados do contorno empresarial, o que dá continuidade á propia realidade universitaria onde se rexistra unha presenza maioritaria de mulleres no colectivo do alumnado. Así, a asociación Executivas contribúe dun xeito especial a transmitir a mensaxe real de que a universidade asume a formación de homes e mulleres máis alá das aulas, xuntando aos contidos teóricos un mellor coñecemento do contorno no que desenvolverán o seu futuro profesional. (Noticia completa no Xornal electrónico da USC, 5/12/2012)

miércoles, 5 de diciembre de 2012

El mundo empresarial, el emprendedor, … ¿qué está pasando?

Visita al Vivero de Empresas de la Cámara de Comercio
de alumnos/as del Master DEIN y Master de Comercio Exterior
que se impartes en la Fac. de CC. Económicas y Empresariales
La actividad de emprender hoy en día parece estar considerada como un deporte de alto riesgo: financiación, mercado, Todo semeja estar doblemente complicado debido a una crisis que amenaza con quedarse entre nosotros más tiempo de lo esperado.

Organismos  como  las  Cámaras  de  Comercio, cuya labor hemos conocido tras la visita a su vivero de empresas localizado en el Polígono empresarial Costa Vella de Santiago, tienen  como funcn  ayudar  al  emprendedor  en distintos ámbitos: facilitando el acceso a instalaciones y servicios comunes a los emprendedores, en la elaboración de su plan de empresa, como intermediarios en la financiación, etc. Su labor es indudablemente útil y valiosa. Pero  considero que el  negocio  comienza mucho  antes  del  papeleo  y  lo  hace  en  la  mente  del emprendedor. En él surge la idea y en él debe surgir el valor para llevarla a cabo.

Pero, ¿cómo surge? En las experiencias que allí nos contaron pudimos ver como la empresa no siempre parte de que el emprendedor ha visto la oportunidad en el mercado y decide arriesgarse, sino que en otras muchas ocasiones la necesidad es la que empuja a la aventura. Obviamente, la primera de las situaciones sería el inicio ideal: identificar una oportunidad de negocio que además coincide con tus inquietudes profesionales, como fue el caso de IDENTIA o de GALENSIGNA. Pero otras, como WAYNA Consultora, surgen después de que mucha formación (derivada de la titulitis) no es suficiente para darte una estabilidad profesional. En cualquiera de los dos casos, lo importante es empezar y, recogiendo una cita mencionada en una de las charlas: “No hay viento favorable para el barco que no sabe donde llegar”. Es decir, tener claro dónde estamos y adónde queremos llegar es la premisa clave. Arriesgarse, ofrecer lo que nadie ofrece o hacerlo de la forma que nadie lo ha hecho hasta el momento, pero teniendo claro el camino desde ya... y lanzarse.

Una vez comentadas las formas en las que puede surgir la empresa (oportunidad/necesidad) y la premisa clave de la que partir, creo que ya no se puede tipificar más acerca de la figura del emprendedor, pues cada persona es única, por lo que cada negocio será único en la manera que su artífice lo ha disado, enfrentado y guiado. Ni siquiera el hecho de triunfar o fracasar debería tipificar al emprendedor. Considero que esta es una característica cultural propia de nuestro país, donde todo aquel que se ha aventurado y no ha tenido éxito, ya se tacha de fracasado, mientras que en otras culturas en las que el emprendimiento está más imbuido en la cultura, el fracaso puede llegar a considerarse un “valor añadido” al emprendedor, que aprende de sus errores y éstos le permiten crecer  personal y profesionalmente.

Por último, me gustaría terminar recordando lo que algunos rankings de competitividad salan, y es que España se encuentra en la cola de los países en los que más fácil es crear una empresa[1]. Es decir, que en nuestro país existen demasiadas trabas burocráticas y plazos administrativos que limitan muchísimo al  emprendedor, ya que suponen un volumen importante de recursos y tiempo, llegando a desanimar su inversión.

Por ello, y hoy más que nunca, creo que el apoyo al emprendedor debería ser un campo prioritario a tratar y, obviamente, evitando las duplicidades que muchas veces se dan en diferentes competencias de la administración blica.

Lucía Loureiro Cota
Alumna del Master de Desenvolvemento Económico e Innovación
Universidade de Santiago


[1] Crear una empresa en España esmás difícil que en Zambia. Miguel Jiménez, 12 octubre de 2012. Madrid.
ELPAIS.COM