lunes, 17 de octubre de 2016

Arranca EMPRÉGA-T


"Empréga-T: as 8 T´s do talento" é unha iniciativa que xorde da actual situación do mercado laboral, no que novas habilidades son requiridas aos futuros titulados e tituladas á hora de enfrontarse á procura de emprego.
 
Trátase dun programa formativo que ten como

obxectivo fundamental mellorar as habilidades do alumnado universitario para incorporarse ao mercado laboral con maiores probabilidades de éxito. Concretamente, as distintas actividades pretenden:
  • Xerar un cambio de actitude entre o alumnado da USC en relación á maneira de afrontar a inserción laboral.
  • Fomentar os valores da cultura emprendedora entre a comunidade universitaria.
  • Fortalecer a relación entre a Universidade e o tecido económico e, en particular, entre estudantes e empresas.
  • Reducir a media de tempo que os e as nosas estudantes permanecen en paro ao saír da Universidade.
  • Pór en valor a importancia das habilidades brandas na busca de emprego.
  • Acompañar ao alumnado na posta en práctica dos coñecemento adquiridos en materia de busca de emprego.

 
O programa consta de 8 sesións que tratan de facilitar o desenvolvemento de diversas habilidades brandas:
1. Conciéncia-T
CHARLA PRESENTACION. Situación actual do mercado laboral e as perspectivas de futuro.
Martes 11 de Outubro.
2. Comuníca-T
OBRADOIRO de Comunicación e presentacións en público.
Martes 25 de Outubro.
•10h a 14h Campus Norte Aula 13 en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Aula 9 en Fac. RRLL
3. Vénde-T
SEMINARIO. Como destacar sobre o resto de candidaturas.
Mércores 26 de Outubro.
•10h a 14h Campus Norte Salón de Graos en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Salón de Graos en Fac. RRLL
4. Coñéce-T
SEMINARIO. Autocoñecemento. A importancia de descubrir as túas fortalezas e puntos de mellora.
Xoves 27 de Outubro.
•10h a 14h Campus Norte Salón de Graos en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Salón de Graos en Fac. RRLL
5. Adéstra-T
Itinerario de adestramento individual para a procura de emprego.
Martes 8, Mércores 9 e Xoves 10 de Novembro.
•De 9h a 21h Campus Norte Hall de entrada en Fac. CCEE
Martes 15, Mércores 16 e xoves 17 de Novembro.
•De 9h a 21h Campus Vida Hall de entrada en Fac. RRLL
6. Lánza-T
OBRADOIRO. A importancia da creatividade na aposta polo emprendemento: A xeración de ideas e A elaboración dun proxecto empresarial: O plan de empresa.
Martes 22 de Novembro.
•10h a 14h Campus Norte Aula 13 en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Aula 9 en Fac. RRLL
Mércores 23 de Novembro.
•10h a 14h Campus Norte Aula 12 en Fac. CCEE
•16h a 20h Campus Vida Aula 13 en Fac. RRLL
7. Especialíza-T
MESA REDONDA. Estudos de posgrao e o seu impacto no mercado laboral.
Xoves 24 de Novembro.
•10h a 12h Campus Norte Salón de Graos en Fac. CCEE
•16h a 18h Campus Vida Salón de Graos en Fac. RRLL
8. Relacióna-T
EVENTO FINAL “NETWORKING”.
Venres 25 de novembro.

O martes 11 de outubro arrancau o programa coa sesión de inauguración, na que interviron á Vicerreitora de Estudantes, Dolores Álvarez, o Secretario do Consello Social, Benigno Pérez, e a Decana da Facultade de Económicas. A continuación tivo lugar a primerira conferencia do programa, Conciéncia-T, sobre a situación actual do mercado laboral e as perspectivas de futuro, que ofreceu Carlos Martinez, Director Xerente da empresa IPASA-San Brandán, quen foi presentado por Miguel Vázquez Taín, decano do Colexio de Economistas.
 
Esta sesión repetiuse en sesión de tarde na Facultade de Relacións Laborais, coa presenza da Decana, Silvia Moscoso. Todas as sesións do programa terán lugar en dúas sedes, no Campus Norte na Facultade de CC.EE, e no Campus Vida na Fac. de RR.LL, para favorecer a participación de todo o alumnado da USC.

Outra novidade desta edición é que se conta co recoñecemento académico con 1 crédito ECTS para o alumnado de grao da USC que asista ao 80% das horas das actividades (é dicir, 24 horas das 30 horas ofertadas en total).
 
"Empréga-T: as 8 T's do talento" está liderado pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social e as Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Relacións Laborais. Conta co apoio do Consello Social da USC e coa colaboración da Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación un ano máis ao responsabilizarse da cobertura audiovisual do proxecto.

Máis información e inscricións na we: www.empregate.usc.es
 

miércoles, 12 de octubre de 2016

A implicación para España do Tratado de Libre Comercio entre a UE e EEUU


A incidencia do tratado de Libre Comercio entre a UE e os Estados Unidos para España é o argumento da conferencia que tivo lugar o mércores 19 de outubro na Facultade, e que foi impartida polo xefe de Prensa da Representación da Comisión Europea en España, Dimitri Barua.

Esta conferencia é a unha actividade incluída no encontro Diálogo TTIP Galicia que organiza a USC e a Representación da Comisión Europea en España.



A sesión, presentada pola decana do centro, Emilia Vázquez Rozas,
contou cunha amplísima asistencia que encheu a aula B da Facultade.
 

viernes, 8 de julio de 2016

Presentación de libro


O próximo martes, 12 de xullo, ás 12:00 h., no Salón de Graos da Facultade vaise presentar o libro Avances en el Patrón de Comercio Intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: los casos de Brasil y México.  O reitor da USC e a Decana da Facultade acompañarán aos autores Óscar Rodil Marzábal,  Director do estudo, Mª del Carmen Sánchez Carreira, ambos profesores da USC,  Jorge A. López Arévalo, da Universidad Autónoma de Chiapas (México) e Emmanuel Arrazola Ovando, da Universidad del Mar (México).
No estudo abórdase a análise das relacións comerciais e produtivas entre a Unión Europea e América Latina, xunto a un exame máis detallado das relacións de Brasil e México cos seus principais socios europeos (Alemaña, España, Francia, Italia, Reino Unido, os Países Baixos). O obxectivo central xira en torno á análise dos cambios ocorridos no patrón de comercio intra-industrial entre a Unión Europea e os países de América Latina e o Caribe ao longo das dúas últimas décadas. Neste sentido, incorpora unha nova dimensión Norte-Sur ao estudo deste fenómeno.
 
 
 

martes, 5 de abril de 2016

Presentación do informe "Anuario del euro"

A Facultade e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF) en Galicia, que ten a súa sede na facultade, presentaron o venres 1 de abril o Anuario del Euro 2015, terceira edición dun estudo realizado pola Fundación de Estudos Financeiros (FEF) en colaboración coa Fundación ICO. O estudo presentouno o seu director, o profesor de Economía e Estabilidade Financeira do IE Business School, Fernando Fernández Méndez de Andés, e participou como moderador do debate o catedrático de Economía Aplicada da USC Luis Caramés Vieitez.

O obxectivo desta colaboración tradúcese na confección dunha publicación anual para pór a disposición do lector os importantes cambios que se produciron en 2015 na unión monetaria, fiscal, económica e política, sinalando os acertos, as limitacións e as súas posibles insuficiencias.

Resumo de prensa:

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a delegación do Instituto Español de Analistas Financeiros en Galicia presentan o Anuario do Euro 2015 (Xornal da USC)

Economista dice que interés del 0% es una "transferencia fiscal encubierta" (Inversión&Finanzas.com)

martes, 1 de marzo de 2016

Conferencias-debate no marco do Master DEIN

O Master en Desenvolvemento Económico e Innovación, xunto co Grupo de investigación ICEDE, organizan dúas conferencias coa Subdirectora do Centro de Investigaciones de la Economía Mundial (Cuba), Jourdy James Heredia.

As conferencias e datas de celebración son as seguintes:

- “La situación económica de Cuba y el nuevo escenario de las relaciones con los Estados Unidos”, o 2 de marzo, ás 12:00, e

 - “Acuerdo Transatlántico de Comercio e Inversiones entre la Unión Europea y EE UU: posibles implicaciones para América Latina y el Caribe”, o 3 de marzo, ás 16:30 h.

Ambas conferencias, que contarán coa presentación do Director do Master, Xavier Vence Deza, celebraránse na aula 9 da Facultade.

Asimesmo, o mércores 9 de marzo, ás 16:30 horas na aula 20, e tamén no marco deste Máster celebrarase unha conferencia sobre “Políticas de I+D+i  en Galicia”, que será impartida por Pilar Morgade Saavedra, Directora da Área Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación. Falará das políticas de I+D+i da Xunta de Galicia a través dos distintos programas (como RIS3).

Todas estas conferencias están abertas a calquera persoa interesada.

 

lunes, 22 de febrero de 2016

Conferencia sobre ecosistemas digitales

El próximo jueves 25 de febrero tendrá lugar en el Salón de Grados de la Facultad la conferencia titulada:
 
Tres ecosistemas digitales (la web, la web social y las apps) y sus implicaciones para economistas y emprendedores
La conferencia, organizada como actividad del Master de Marketing Digital de la USC, será presentada por Senén Barro, e impartida por Andrés Pedreño Muñoz. El ponente analizará las características y convivencia de tres ecosistemas digitales: la web tradicional, la web social y las apps,y sus implicaciones para emprendedores y economistas. En particular se abordan la crisis de la web y la expansión del móvil, y la prospectiva que cabría hacer de cada uno de los tres ecosistemas. Un resumen de la conferencia puede verse aquí.


Andrés Pedreño es Catedrático de Economía Aplicada. Fue Rector de la Universidad de Alicante (1993-2000), Consejero Delegado de Universia (2000-2004) y encargado de definir el proyecto y su expansión a 10 países. Ha impulsado o fundado numerosos proyectos digitales. Fundó la primera biblioteca digital del mundo hispano (Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes), la primera plataforma y MOOC en España, Europa y America Latina (UNIMOOC) hoy con 200.000 emprendedores. Y, aunque jubilado, también ayuda a impulsar con su familia una de las startups de mayor éxito de tráfico de España (IT&IS) que fomenta el emprendimiento y proyectos web innovadores y "low cost". Dirige el Observatorio ADEI para el desarrollo de la Economía Digital en España, con Google y AFI.
 

Encontro de Profesionais das asociacións de FEGADACE

A Facultade colabora por segundo ano consecutivo coa Federación Galega de asociacións de persoas con daño cerebral adquirido (FEGADACE) na celebración do Encontro que tivo lugar o pasado 25 de febrero. Neste encontro profesionais da logopedia, terapia ocupacional, psicoloxía/neuropsicoloxía, fisioterapia, terapia ocupacional e auxiliares de enfermería das cinco entidades membro de FEGADACE reunense co obxectivo de poner en común boas prácticas na abordaxe do dano cerebral e na atención a persoas e familias con esta discapacidade.

Noticia na web de FEGADACE.

lunes, 15 de febrero de 2016

FOMENTO DO EMPREGO E O EMPRENDEMENTO





Tal é o principal obxectivo das accións previstas para o MES EMPRÉGATE, que celebraremos na Facultade no próximo mes de Marzo. Un programa completo de actividades que están dirixidas especialmente a alumnado de últimos ano de Grado e Master e persiguen un obxectivo común: a mellora das competencias profesionais dos estudantes de cara a favorecer a empregabilidade e fomentar o espírito emprendedor, non só coa finalidade de crear unha empresa, senón para o fortalecemento das competencias profesionais e as habilidades brandas fundamentais no desempeño profesional, sexa cal sexa o posto de traballo futuro.
                    
As actividades previstas inclúen formación en habilidades sociais e directivas, laboratorio de adestramento persoal (simulador dun proceso de procura de emprego), obradoiros de emprendemento e de comunicación, mesas redondas con empresarios e titulados, visitas empresariais, xornadas para que coñezas distintos programas de prácticas en empresas e de mobilidade ao estranxeiro, ... ata sesións de cine e debate en torno a distintos casos reais de emprendemento.

Todas as actividades son gratuítas e o estudante poderá obter unha acreditación de todas nas que participe, engadindo así valor ao seu currículo.
Toda a información na web da Facultade, e na web propia.

Presentación aos medios no Xornal da USC (17/02/2016)

lunes, 1 de febrero de 2016

Tierras y Territorios en disputa: México desde una perspectiva latinoamericana

Este es el título de un seminario que tendrá lugar en la Facultad el próximo viernes, 5 de febrero a las 12:00 horas, en el aula 27, y que está abierto a todas las personas interesadas.
 
El seminario será impartido por Luciano Concheiro Bórquez, del departamento de Producción Económica de la Universidad Autónoma Metropolitana, Xochimilco (México), y está organizado dentro del Programa de Doutoramento Desenvolvemento Rexional e Integración Económica de la USC.

jueves, 14 de enero de 2016

PREMIO DE PINTURA CREARTE NA USC

 
 
A V edición do certame de pintura CreArte, convocado pola Facultade e co plazo aberto ata o 4 de marzo, pretende potenciar e difundir a creación artística dos membros da comunidade universitaria e da sociedade en xeral. 

O xurado, presidido pola decana do centro, estará composto por membros da USC e da comunidade artística da contorna. Das imaxes das obras presentadas deberán facer unha selección, que conformará unha exposición temporal na facultade que será inaugurada o día do patrón do centro.

Haberá un único premio, de 600 euros. Ademais, esa obra pasará a formar parte do patrimonio da Facultade e será exposta no ‘Espazo de Arte’ reservado para tal fin. 

Para participar no concurso deberase presentar unha única obra inédita creada entre xaneiro de 2015 e febreiro de 2016, de temática e técnica libres e dunha dimensión non inferior a 50x50 centímetros nin superior a 120x120.
 
Bases do Premio na web da Facultade.